InicioCULTURANove citas musicais imperdibles no Outono Códax Festival

Nove citas musicais imperdibles no Outono Códax Festival

O Outono Códax Festival quenta motorores de face á súa próxima edición, cun cartel que contará con nomes como Fantastic Negrito, The Seepdogs, Shannon & The Clams ou The Jive Aces.

Publicado o

Por elenagonfer

Outono Códax Festival quenta motorores para a súa próxima edición, cun cartel que contará con nomes como Fantastic Negrito, The Seepdogs, Shannon & The Clams ou The Jive Aces. Así, Santiago acollerá a nomes tan destacados a nivel internacional como Fantastic Negrito (23 novembro), os canadenses The Sheepdogs (9 novembro) que abren en Compostela a súa xira europea, ou a californiana Shannon & The Clams (21 novembro).

Ademais, estarán The Jives Aces e The Fuzillis (22 novembro) ou os encargados de abrir o festival, The Courettes (31 outubro na Sala Riquela), “a formación de rock and roll de dúas persoas máis grande do mundo”, como os definiu a publicación británica The Next Big Thing.

A representación galega recae nesta edición en Mambas Negras (21 novembro), quinteto vigués formado por grandes músicos galegos amplamente recoñecidos e Madame Bird (23 novembro), a banda da gran voz da escena negra galega, Carla de Figueredo.Desde Barcelona chegarán Os Tiki Phantoms, unha banda referencial do surf instrumental con tres décadas de traxectoria.

Os concertos desta edición do Outono Códax, que se celebrará entre o 31 de outubro e o 23 de novembro, volverán ter por escenario a Sala Capitol e o Riquela Club de Santiago. Así pois, un ano máis e baixo o apoio e colaboración de Adegas Martín Códax, o festival impulsado por Raiña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero con nove citas musicais e actividades paralelas.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial...

O Centro Dramático Galego esgota as entradas de ‘Hamlet’ ata o final da súa programación

O Centro Dramático Galego completou o aforo para todas as funcións restantes de 'Hamlet'...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here