InicioSOCIEDADEImpacto económico en Santiago se a Xunta mantén a subida do canon...

Impacto económico en Santiago se a Xunta mantén a subida do canon de Sogama

O concelleiro de Facenda alerta que a elevación das tarifas de recollida poderá resultar nun aumento nos custos para os cidadáns, cuxa contabilidade final ainda está por calcular.

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Facenda do Concello de Santiago, Manuel César Vila, manifestou este venres que espera que a Xunta “reconsidere a súa posición” sobre a subida do canon de Sogama e sinalou que o Goberno local prepara a nova ordenanza do lixo, que espera aprobar este ano e que entre en vigor o ano que vén.

En rolda de prensa, o edil denunciou que as tarifas de recollida pasarían “de 56 a 76 euros” por tonelada, o que “vai supor un gran impacto nas contas do Concello“. Neste contexto, Manuel César dixo esperar que despois de todas as alegacións e “de toda a presión existente de diferentes concellos”, a Xunta “reconsidere” esa formulación.

En todo caso, recoñeceu que, de manterse esa subida, os custos do servizo repercutiranse na cidadanía, aínda que o consistorio municipal aínda non calculou cal sería a contía final. Con todo, avanzou que o Concello vai elaborar unha nova ordenanza do lixo e, “por lei”, engadiu, deben “axustar o estudo económico á realidade dos custos que sexan”. “Esa é unha obrigación que temos, pero, en principio, non sabemos que vai pasar con este canon á espera do que considere a Xunta”, insistiu.

ÚLTIMAS

A USC en mans de mulleres: catro candidatas presentaron este venres a súa solicitude para ser reitora

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

A USC en mans de mulleres: catro candidatas presentaron este venres a súa solicitude para ser reitora

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...

Ulloa Viva leva ao Parlamento a súa demanda de “carpetazo definitivo” ao proxecto de Altri

A Plataforma Ulloa Viva mantivo este martes no Pazo do Hórreo encontros con todos...

Instalado o acelerador de protóns do Centro de Protonterapia destinado a tratar o cancro en Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presenciou este sábado a instalación do acelerador de...