InicioPOLÍTICAO expediente aos edís de Santiago, un asunto provincial

O expediente aos edís de Santiago, un asunto provincial

Con todo, os socialistas galegos insisten en que o expediente aos edís composteláns compete ao órgano provincial do partido.

Publicado o

Xornal de Compostela

A secretaria adxunta de organización do PSdeG, Ana Pena, insistiu en que o expediente aos edís de Santiago compete ao órgano provincial do partido e defendeu que o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, “non ten ningún problema en falar con calquera militante”. Así se manifestou a preguntas dos medios en rolda de prensa tras a reunión da Comisión Executiva Nacional Galega e despois de que o concelleiro socialista da capital galega Gonzalo Muíños mostrouse disposto a sentar con Besteiro e que medie para resolver o conflito.

Con todo, Ana Pena reiterou que “no momento en que o expediente conclúa” será o órgano competente “o que faga as declaracións oportunas”. “Entendemos que se porán en contacto con eles cando o expediente avance, pero máis aló de dicir que pola nosa banda se garanta o cumprimento da normativa que marcan os estatutos, é competencia do órgano provincial e son eles os que teñen que dar a información correspondente”, aseverou.

Con anterioridade, este mesmo luns, o propio líder dos socialistas galegos tamén mantivo que a situación se atopa no órgano provincial e, engadiu, “é aí onde se debe resolver”. “Eu non quero condicionar en absoluto esta cuestión porque é interceder nun procedemento que está plenamente regulado nos nosos estatutos e eu non quero interferir niso”, sinalou Gómez Besteiro cuestionado en rolda de prensa este luns no Parlamento.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here