InicioECONOMÍAAs traballadoras de Women'Secret volven tomar as rúas de Santiago

As traballadoras de Women’Secret volven tomar as rúas de Santiago

Entre as protestas das traballadoras tamén figuran as diferenzas salariais en comparación con outras tendas do grupo, que as encargadas non poidan cobrar un plus de responsabilidade e as condicións dos seus contratos

Publicado o

Xornal de Compostela

As traballadoras das tendas Women’Secret da provincia da Coruña volveron a tomar as rúas de Santiago este venres para denunciar “a precariedade laboral” dos seus postos de traballo, nunha folga convocada polos tres sindicatos con representación no comité provincial (CIG, UGT e Fetico). A presidenta do comité, Silvia Lolo, declarou que “a concentración tamén persegue reivindicar a falta de persoal“, o que ven como “un impedimento” para que poidan realizar con normalidade as súas xornadas de traballo.

“As mozas non poden collerse ningún día de asuntos propios, non poden ir ao baño, coller as súas licenzas e teñen problemas para coller vacacións”, afirmou. Entre as protestas das traballadoras tamén figuran as diferenzas salariais en comparación con outras tendas do grupo, que as encargadas non poidan cobrar un plus de responsabilidade e as condicións dos seus contratos. Nas súas declaracións, Lolo afirmou que “ante a negativa de diálogo da empresa” convocarán futuras manifestacións. “Faremos unha asemblea con todas as traballadoras en vista de que non hai solución por parte da empresa. Entre todas decidiremos as medidas a adoptar nun futuro”, engadiu.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...