InicioSANTIAGOAMES“Noites en Vela” regresa a Ponte Maceira con música en directo e...

“Noites en Vela” regresa a Ponte Maceira con música en directo e espectáculo pirotécnico

A edición deste ano, organizada polo Concello de Ames, terá lugar o 20 de xullo e contará coas actuacións do coro "Son Elas" e o grupo "Lontreira"

Publicado o

Xornal de Compostela

Este sábado, 20 de xullo, ás 21:00 horas, o entorno histórico de Ponte Maceira, un dos pobos máis bonitos de España e ben de interese cultural (BIC) desde 2022, acollerá unha nova edición das ‘Noites en Vela‘. Este evento anual, que volve tras ser interrompido pola pandemia nos anos 2020 e 2021, é xa unha tradición consolidada no verán de Ames.

O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou que as ‘Noites en Vela‘ xa son un dos eventos tradicionais dos veráns de Ames. É un dos eventos que xunta máis xente entorno a un momento de grande beleza como é Ponte Maceira xunto ao río Tambre”.

O evento deste ano contará coa participación do coro local ‘Son Elas‘, un grupo integrado exclusivamente por mulleres de Ames, cuxo repertorio abarca desde a música clásica ata a contemporánea. Tras a súa actuación, o grupo galego ‘Lontreira‘ tomará o relevo para ofrecer unha mestura de ritmos que van dende a cumbia ata sons máis eléctricos.

A noite concluirá cun vibrante espectáculo pirotécnico, que iluminará o ceo sobre Ponte Maceira, creando un ambiente máxico para todos os asistentes.

A entrada ao evento é gratuíta, e a organización espera atraer a numerosos visitantes e residentes que desexen gozar dunha velada cultural única. Os interesados en obter máis información poden contactar co Concello de Ames a través do enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

O BNG reclama á Xunta un plan urxente para corrixir as deficiencias estruturais dos centros educativos de Ames

A deputada do BNG no Parlamento galego, Saleta Chao, reclamou á Consellería de Educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here