InicioECONOMÍAExplosión da hostalaría en Santiago durante os tres últimos anos con novos...

Explosión da hostalaría en Santiago durante os tres últimos anos con novos negocios no sector

Publicado o

Xornal de Compostela

Un estudo elaborado polos investigadores da Rede Galabra das Universidades de Santiago, Vigo e Miño conclúe que nos últimos tres anos que os establecementos que máis abriron en Santiago foron os bares, cafetarías e restaurantes.

Pola súa banda, os anos de maior apertura de establecimeitnos comerciais produciuse durante os anos 2012 a 2019. Por tanto, reflíctese a necesidade de “compasar” a hostalaría e a restauración coa oferta comercial.

O estudo, baixo o título ‘Comerciantes, Visitantes e Comunidade local’ que foi presentado este mércores, realizaron un traballo de campo con 444 establecementos comerciais.

Así mesmo, segundo datos do estudo, os establecementos comerciais entrevistados na mostra indican que a súa clientela é predominantemente local mentres que os clientes visitantes non chegan ao 10%.

Tamén sinalaron que a estancia media en Santiago dos visitantes non é de máis de 48 horas e o gasto medio dos peregrinos rolda os 100 euros.

En canto aos “produtos estrela” que máis consomen destacan as pezas de vestir, alimentación, aloxamento ou habitacións e xoias ou complementos.

Por último, o estudo demostra que só o 23% dos visitantes que recibe Compostela son peregirnos, principalmente procedentes doutros lugares de España e que o 75% de quen visita a cidade usa Internet como fonte de información.

A presidenta da Cámara compostelá, María Pais, remarcou a importancia da actividade comercial para a economía de Santiago, en termos de creación de emprego e en achega ao VAB agregado, tanto de forma directa como a través do efecto multiplicador que xera na cadea de valor.

Neste sentido, subliñou que por cada 100 euros producidos polo sector comercial, xéranse 110 euros máis no resto das ramas da economía e por cada 100 postos de traballo dedicados ao comercio, xéranse 68 postos de traballo adicionais noutras industrias.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...