InicioMOV. SOCIAISA USC pecha a Casa da Balconada e o pazo de San...

A USC pecha a Casa da Balconada e o pazo de San Xerome para evitar máis ocupacións de estudantes

O peche foi comunicado polo reitor despois de que un grupo de 20 persoas entrase na Casa da Balconada esta mañá

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Este mediodía, o reitor da Universidade de Santiago Antonio López enviaba un comunicado a toda a comunidade universitaria informando da ocupación dun grupo de 20 persoas, identificadas como integrantes do Espazo aberto internacionalista do estudantado e da clase traballadora de Compostela e que, segundo indica, impediron pola forza o acceso do xerente ao seu lugar de traballo.

Como medida cautelar, López anunciou que a USC pechará o acceso ao público dos edificios de San Xerome e da Casa da Balconada. O acceso a traballadores e traballadoras que presten servizos neses edificios deberá realizarse coa tarxeta de identificación universitaria nas portas habilitadas para estes efectos”, indicaba o comunicado. Ademais, as persoas que non teñan vinculación coa universidade deberán solicitar cita previa de forma telefónica ou a través de correo electrónico nos servizos aos que necesiten dirixirse de forma presencial.

Na entrada do edificio, os membros da asemblea colocaron un posto de comida gratis por Palestina, no que ofrecen galletas e froita, e repartiron folletos sobre as demandas da asemblea á USC.  “O noso obxectivo, lonxe de ser alcanzado na ocupación da rectoría a pasada semana e ante a inacción dos órganos democráticos da USC, continúa sendo o mesmo: deter a vergoñosa colaboración da universidade co xenocidio perpetrado por Israel”, apuntou nun comunicado.

Polo momento, explicou un dos portavoces da asemblea a Europa Press, quedarán no edificio “todo o día” e convocaron, ás 20,30 horas desta xornada, unha concentración.

ÚLTIMAS

United Airlines manterá en 2027 a conexión entre Santiago e Nova York

O Concello de Santiago valorou como unha "moi boa noticia" a decisión de United...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

Un peregrino percorre máis de 700 quilómetros ata Santiago para dar visibilidade á esclerose múltiple

A Praza do Obradoiro converteuse este mércores no punto final dunha peregrinación de máis...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Denuncian “unha nova saturación” en Urxencias do Hospital Clínico de Santiago

A CIG denunciou "unha nova saturación" nas Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here