InicioSANTIAGOTEOFalece un motorista en Teo ao saír da vía tras adiantar a...

Falece un motorista en Teo ao saír da vía tras adiantar a un turismo

Practicaron manobras de reanimación sen poder facer nada pola súa vida

Publicado o

Xornal de Compostela

Un motorista faleceu na mañá deste martes no municipio coruñés de Teo despois de sufrir unha saída de vía tras adiantar a un turismo. O suceso tivo lugar minutos antes das 13,00 horas no lugar de Quintáns da parroquia de Luou, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

A voz de aviso á central de emerxencias chegou do condutor do turismo que, a través dunha chamada telefónica, aseguraba que un motorista se atopaba inconsciente tras sufrir un accidente tras pasalo e saírse da estrada.

Ao lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias no helicóptero medicalizado con base en Santiago, que practicaron manobras de reanimación ao motorista sen poder facer nada pola súa vida.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...