InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía organizan visitas á cova do...

Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía organizan visitas á cova do Pico Sacro

Un total de 140 persoas descubrirán os segredos desta cova lendaria en 28 baixadas guiadas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón, en colaboración coa Federación Galega de Espeleoloxía, organizará un total de 28 visitas guiadas á cova do Pico Sacro durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Esta iniciativa permitirá que 140 persoas maiores de 12 anos exploraren esta emblemática cova, coñecida tanto pola súa riqueza cultural como xeolóxica.

As visitas forman parte da iniciativa “Baixadas espeleolóxicas ás covas do Pico Sacro” e serán guiadas por técnicos da Federación Galega de Espeleoloxía. Cada unha das visitas, que se celebrarán en sete sábados distintos ao longo dos catro meses, proporcionará unha experiencia segura e educativa, tal como se anunciou hoxe no propio Pico Sacro polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e polo presidente da Federación, Gonzalo Villarmea.

Rodeiro subliñou a importancia destas actividades para “poñer en valor o noso Pico Sacro e como argumento máis para que sexa declarado Ben de Interese Cultural”. O Pico Sacro, segundo o alcalde, é un dos referentes turísticos de Galicia, e estas actividades contribúen a convertelo nun punto clave para os amantes do deporte e a natureza.

Durante as visitas, que terán unha duración de 2 horas, os participantes recibirán unha formación técnica básica e descenderán polo Pozo do Pico mediante rápeles, explorando zonas da cova de relevancia histórica e xeolóxica. A saída realizarase pola Contramina de Juan Antón, completando un percorrido vertical e emocionante.

O prezo da visita guiada é de 30 euros por persoa, incluíndo o equipamento necesario, seguro de responsabilidade civil e de accidentes. Os residentes en Boqueixón e os mozos entre 12 e 18 anos beneficiaránse de tarifas reducidas.

As inscricións abriranse o luns 10 de xuño e poderán realizarse a través do correo electrónico espeleoloxia@gmail.com. Desde a organización recoméndase vestir roupa e calzado adecuados para a actividade. Para máis información, pódese consultar o sitio web da Federación Galega de Espeleoloxía ou contactar co Departamento de Emprego, Formación e Turismo de Boqueixón.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Pico Sacro acolle a Cerimonia do Lume Sagrado para dar a benvida ao solsticio de verán

O Pico Sacro volveu converterse este mediodía nun espazo de encontro arredor da tradición...

A Xunta autoriza ambientalmente a transformación de 4,8 hectáreas forestais en viñedo no municipio de Boqueixón

A Xunta de Galicia concedeu a avaliación ambiental favorable a un proxecto de cambio...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here