InicioPOLÍTICAA alcaldesa de Santiago rexeita o "alarmismo" do PP ante a apertura...

A alcaldesa de Santiago rexeita o “alarmismo” do PP ante a apertura de vivendas de uso turístico

A rexedora incidiu en que a ordenanza marca a comunicación dos usos asimilados dos 60 días ao Concello e lembrou que xa existe unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para regular estes usos turísticos, polo que non pode "regularizarse" ningún uso que "quede fóra da legalidade"

Publicado o

Por Ramón Mariño

A alcaldesa de Santiago de Compostela, a nacionalista Goretti Sanmartín, rexeitou o “alarmismo” do PP local e considerou que moitas das vivendas de uso turístico (VUT) da cidade non se acollerán aos 60 días.

Así se pronunciou este xoves ao ser preguntada polas críticas á ordenanza das vivendas anunciada polo Concello por parte do PSOE e PP. En concreto, os populares temen que a cidade “se encha” de VUTs durante dous meses, mentres os socialistas reprochan a “ambigüidade” da alcaldesa.

Respecto diso, a rexedora incidiu en que a ordenanza marca a comunicación dos usos asimilados dos 60 días ao Concello e lembrou que xa existe unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para regular estes usos turísticos, polo que non pode “regularizarse” ningún uso que “quede fóra da legalidade”. “Non se pode volver atrás e non se pode agora decidir resucitar un plan que, estes momentos, está xa vixente e é así”, incidiu.

Por iso, considerou que é momento de “deixar polémicas” e traballar “cara adiante” e asegurou que entenden que “non todo o conxunto das vivendas de uso turístico vai acollerse aos 60 días”.

A este respecto, incidiu que en “moitas” delas “xa están nunha situación de ilegalidade total” porque están na Zona Vella nun contexto no que “na cidade histórica non as pode haber“. “Outras, entendo que é máis probable que se acollan ao aluguer de longa duración e que prefiran facer un aluguer tradicional a familias para establecerse durante unha serie de tempo”, afirmou.

Dito isto, incidiu en que haberá “algunhas” ás que si lle compense compaxinar estes 60 días de uso turístico co aluguer a estudantes.

Por iso, criticou o “alarmismo” do PP ao asegurar que a ordenanza vai converter Santiago nunha “VUT”. “Cremos que iso non vai ser o que vai dar lugar esta ordenanza que, insisto, o que fai é desenvolver algo que xa quedou aprobado fai máis dun ano”, apuntou.

A rexedora incidiu en que a modificación da PXOM “quedou aprobada fai máis dun ano” e que o que fai o goberno local é “competarla” ao dicir que ten que facer a xente que ten propiedades para comunicalo ao Concello.

Con todo, recoñeceu que, como non se poden “adiantar aos feitos”, se se producise algunha consecuencia que non se considerase positiva, analizarase e tomaranse as decisións pertinentes.

Por outra banda, preguntada polos avances no acordo coa Xunta para o aparcadoiro do Hospital Clínico, a rexedora confirmou que lles chegou ao Consistorio unha proposta por parte do Goberno galego que analizarán nos próximos días. “En todo caso, cremos que está todo encamiñado de forma positiva”, dixo.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here