InicioSANTIAGOA USC investigará a compatibilidade de novos biomateriais co sangue para o...

A USC investigará a compatibilidade de novos biomateriais co sangue para o seu uso sanitario

O Instituto de Materiais da universidade compostelá desenvolverá un estudo en colaboración coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos durante os próximos catro anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolverá unha investigación destinada a determinar como interactúan os novos biomateriais co sangue humano, co propósito de avanzar na súa incorporación a produtos sanitarios. O proxecto contará coa colaboración da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que proporcionará as mostras necesarias para os ensaios.

A iniciativa formalizouse esta semana mediante a sinatura dun convenio entre o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a reitora da institución académica compostelá, Rosa Crujeiras. O acordo permitirá poñer en marcha o proxecto ‘Análise in vitro da interacción de biomateriais co sistema sanguíneo e inmune’.

Os traballos centraranse na realización de probas de laboratorio para determinar o grao de compatibilidade destes materiais co sangue, así como a súa influencia nos procesos de coagulación. A investigación está orientada especificamente ao desenvolvemento de materiais destinados á fabricación de produtos sanitarios que, durante a súa utilización, entran en contacto directo co sangue.

O proxecto estará dirixido por Luís Antonio Díaz Gómez, profesor titular da Facultade de Farmacia da USC e investigador do Instituto de Materiais (iMATUS), desde onde se promoveu esta iniciativa.

Para levar a cabo os ensaios, ADOS subministrará ao equipo investigador mostras procedentes dos excedentes das doazóns que non sexan necesarios para a elaboración de compoñentes sanguíneos. Unicamente se utilizarán as de persoas que asinasen o consentimento informado no momento de realizar a doazón.

As previsións iniciais apuntan á utilización de mostras de doce persoas doadoras, seis mulleres e seis homes, nun estudo que se desenvolverá de maneira completamente anónima.

A colaboración entre ambas as entidades inscríbese na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 e no Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.

O convenio terá unha vixencia de catro anos, aínda que contempla a posibilidade de introducir modificacións por iniciativa da súa Comisión de Seguimento, sempre que estas conten coa conformidade das dúas institucións.

ÚLTIMAS

O BNG comparte un café coa militancia en Santiago durante a xornada de reflexión

A Casa do Taberneiro en Compostela foi o lugar escollido polo BNG para reunir...

Sindo Guinarte agarda unha participación histórica nas eleccións tras compartir un almorzo coa militancia socialista de Santiago

A agrupación socialista de Santiago de Compostela iniciou este sábado a xornada de reflexión...

Compostela reunirá alumnado de fotografía e audiovisual de toda Galicia na terceira edición de ‘Enfócate’

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro mércores, 2 de...

Santiago esixe a Tralusa restablecer o servizo de autobuses tras detectar seis vehículos retirados pola nova rotulación

O Concello de Santiago iniciou actuacións administrativas contra a actual concesionaria do transporte urbano,...

Santiago esixe a Tralusa restablecer o servizo de autobuses tras detectar seis vehículos retirados pola nova rotulación

O Concello de Santiago iniciou actuacións administrativas contra a actual concesionaria do transporte urbano,...

A USC aproba unha política de ciencia aberta para facilitar o acceso ao coñecemento científico

A USC reforzará o acceso público aos resultados da investigación desenvolvida no ámbito universitario...

A Igrexa de Santiago rexistra 15 denuncias por abusos desde 2024 e aparta dúas persoas: “Pedimos perdón”

Durante décadas, os abusos cometidos no ámbito da Igrexa estiveron acompañados, en moitos casos,...