InicioSANTIAGOAMESO programa Apego presenta o espectáculo 'A nena e os tres osos'...

O programa Apego presenta o espectáculo ‘A nena e os tres osos’ en Milladoiro

A función de Migallas Teatro terá lugar o 31 de maio e está dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

O programa Apego continúa neste mes de maio co espectáculo A nena e os tres osos, de Migallas Teatro, que se vai desenvolver na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 31 de maio, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 30 de maio, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Hoxe, 23 de maio, abre o prazo de inscrición para a actividade A nena e os tres osos da man de Bea Campos, de Migallas Teatro. Dirixido a nenos e nenas a partir de 2 anos, trátase dunha proposta teatral con monicreques e cancións baseada no coñecido conto clásico. Nesta historia, unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pode ser un asento, e unha presa de calcetíns poden ser unha familia de osos.

Esta actividade terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 31 de maio, ás 18:00 horas. Está dirixida a nenos e nenas a partir de 2 anos. É unha actividade de balde pero é preciso inscribirse canto antes.

As persoas interesadas en inscribirse só teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que vaian participar. O prazo para anotarse está aberto dende hoxe ata o vindeiro 30 de maio. As prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes, e non se admitirán inscricións fóra do período de inscricións.

V FESTA DO APEGO

O Concello de Ames, a través da Concellería de Normalización Lingüística, organiza a V Festa do Apego, que terá lugar o sábado, 25 de maio, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Haberá maxia, contos con música, xogos, concertos, teatro de monicreques, obradoiros e moitas máis actividades. A entrada será libre, de balde e sen necesidade de inscrición previa. Premendo nesta ligazón pódese acceder á programación completa do evento.

Ao longo de todo o día haberá actividades que estarán abertas de xeito permanente, en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00 horas, no patio do Pazo da Peregrina. A través delas achegarase asesoramento personalizado ás familias sobre recursos lúdicos e formativos que poden ser útiles durante a crianza. Estas actividades son tamén espazos nos que as nenas e os nenos terán ao seu dispor xogos de mesa, materiais naturais non estruturados para promover a creatividade e o xogo libre, unha ampla variedade de obras infantís para mergullarse na lectura compartida, un obradoiro de creación de personaxes con pasta de papel e outro obradoiro de tatuaxes e chapas con Apego para que todas e todos leven un agasallo da Festa do Apego.

PROGRAMA APEGO COMO VEHÍCULO DE TRANSMISIÓN DA LINGUA

O programa Apego é un proxecto colaborativo no que participan varios concellos, entre os que se inclúe Ames, e que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, empregando distintas actividades e recursos.

As familias interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ames acende o Nadal cun acto participativo e homenaxe ao comercio local

A praza do Concello de Bertamiráns converteuse esta tarde no punto de encontro da...

Evacúan un home tras envorcar co seu vehículo en Ames

Un home tivo que ser evacuado tras envorcar co seu vehículo cerca do vello...

Ames impulsa unha nova edición de ‘Ilumina o teu sorriso’ para promover o comercio local

A Casa do Concello de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here