InicioCULTURAAmes acolle o primeiro ciclo de monólogos nas Casas da Cultura do...

Ames acolle o primeiro ciclo de monólogos nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns

O evento contará con actuacións de artistas coñecidos e emerxentes entre o 23 e o 26 de maio

Publicado o

Xornal de Compostela

As Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns acollen desde este xoves, 23 de maio, ata o domingo 26, a primeira edición do ciclo de monólogos. Trátase dunha nova iniciativa, impulsada polo Concello a través do departamento de Cultura, que inclúe actuacións de figuras consolidadas como Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco, xunto con artistas emerxentes como Antía Costas, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez. Quedan entradas para os espectáculos do venres 24 e do sábado 25, que poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello. As entradas para os espectáculos do xoves e domingo están xa esgotadas.

Este ciclo de monólogos foi presentado o pasado 25 de abril na Casa da Cultura de Bertamiráns e está tendo unha gran resposta por parte do público amesán. Actualmente están esgotadas as entradas para o espectáculo que ofrecerán este xoves Quico Cadaval e Antía Costas na Casa da Cultura do Milladoiro e tamén para as dúas sesións do espectáculo de Carlos Blanco, que serán o domingo 26 de maio, ás 19:00 e 21:00.

Por outra banda, para os espectáculos do venres 24 (Pepo Suevos e Adrián do Regenco) e do sábado 25 (Paula Carballeira e Cristóbal Álvarez) aínda quedan algunhas entradas á venda.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, explica que esta proposta é “algo distinto do que vimos facendo habitualmente e que queremos que continúe nos vindeiros anos”. Así mesmo, destaca “a variedade da programación cultural municipal que se ofrece ao longo do ano, con propostas para todos os públicos, como o ciclo Abril de Cine ou as propostas de danza e teatro que integraron o Ames Cultural 2024, que se desenvolveu no primeiro semestre de 2024 e ao que asistiron un total de 1.877 persoas”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here