InicioSANTIAGOLicitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

As empresas interesadas en participar nestes procedementos poderán presentar as súas ofertas ata o 27 de outubro ás 14:00 horas.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos para as obras de mellora da climatización nos centros de saúde do Milladoiro e Concepción Arenal, ambos os pertencentes á área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Tal e como recollen nun comunicado, trátase de dous contratos independentes, cun orzamento basee de licitación de 411.400 euros para a actuación no centro de saúde do Milladoiro e de 458.566,67 euros para o centro de saúde Concepción Arenal.

Ao realizarse os traballos en centros en funcionamento, avanzan que as obras se adaptarán en todo momento aos horarios laborais e ás necesidades do servizo, “garantindo a actividade asistencial como prioridade”.

As empresas interesadas en participar nestes procedementos poderán presentar as súas ofertas ata o 27 de outubro ás 14:00 horas.

ÚLTIMAS

Ames conmemora o 25N con xornadas sobre a machosfera e actividades de igualdade nos centros educativos

O Concello de Ames desenvolverá entre o 25 e o 30 de novembro diferentes...

Santiago adxudica a nova iluminación de Praterías

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 23 de...

A Gala aRi[t]mar reúne en Santiago a Uxía, Mar, Andrea Nunes Brións, Ana Gago e Xico de Carinho

O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu a undécima edición da Gala...

Néstor Rego, candidato do BNG ao Congreso: “Se o PSOE quere ter o apoio do BNG, vai ter que aceptar os nosos compromisos”

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, aborda nunha entrevista...

Santiago estrea a credencial especial do Xacobeo 2027: xa está dispoñible para os peregrinos

A Oficina de Acollida ao Peregrino presentou este venres, 20 de novembro, a Credencial...

A Fundación Secretariado Xitano inaugura a súa nova sede nas Fontiñas co apoio do Concello de Santiago

A Fundación Secretariado Xitano inaugurou este xoves a súa nova sede na rúa das...

Unha protesta contra os vínculos armamentísticos con Israel impide á reitora da USC entrar nun acto universitario

Unha protesta de carácter antimilitarista, na que participaron entre 15 e 20 persoas, segundo...