InicioSOCIEDADEO PSOE urxe a Raxoi a definir xa o futuro de Fontes...

O PSOE urxe a Raxoi a definir xa o futuro de Fontes do Sar e Santa Isabel

Guinarte advirte de que ambas instalacións seguen cun contrato de xestión “caducado” e reclama coñecer os estudos encargados para preparar a nova licitación.

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, instou o Goberno local a avanzar na definición do novo modelo de xestión de Fontes do Sar e Santa Isabel e a trasladar á Corporación os estudos realizados para preparar a futura licitación. Tal e como trasladou o PSOE en nota de prensa, Guinarte advertiu de que Fontes do Sar e Santa Isabel continúan funcionando cun contrato de xestión “caducado” que, segundo afirmou, “non permite realizar os investimentos que os usuarios demandan”, desde “mellores instalacións, salas de adestramento máis modernas e mellor equipadas” ata a incorporación de “novas actividades”.

Esta situación, sinalou o socialista, impide abordar retos de futuro como “valorar un novo complexo deportivo en Santa Marta dotado de piscina ou estudar a ampliación da lámina de auga de Santa Isabel”. Neste sentido, o portavoz socialista lembrou que o Goberno municipal formalizou en marzo un contrato de asesoramento para analizar a mellor fórmula de xestión e preparar a nova licitación, pero advertiu de que “os estudos iniciais deberían estar rematados” e que, a día de hoxe, “non teñen coñecemento deles”. Por iso, Guinarte reclamou ao Goberno municipal que “dea o impulso necesario á definición do novo modelo de xestión das instalacións deportivas” e que “non prolongue eternamente esta situación”, co obxectivo de ofrecer á cidadanía unhas instalacións deportivas “modernas e adaptadas ás necesidades actuais”.

ÚLTIMAS

Centenares de mozos protagonizan unha sentada na estación intermodal polo acceso á vivenda

Centenares de mozos e mozas mobilizáronse este luns en Santiago de Compostela para reclamar...

O Concello defende que a nova rede multiplicará as conexións dos Tilos cos hospitais pese á supresión da liña 12

O Concello de Santiago defende que a desaparición da liña 12 entre Os Tilos...

A Nobel de Física Anne L’Huillier visita Santiago cunha conferencia aberta sobre a ciencia dos attosegundos

A Premio Nobel de Física Anne L'Huillier visita esta semana Santiago de Compostela para...

A Xunta licita por 1,1 millóns a mellora de 62 paradas de autobús nas rutas de acceso a Santiago

A Xunta de Galicia sacou a licitación por máis de 1,1 millóns de euros...