InicioSANTIAGOA Audiencia de Santiago absolve un home acusado de abusos sexuais a...

A Audiencia de Santiago absolve un home acusado de abusos sexuais a unha moza de 17 anos

O tribunal considera que non existen probas suficientes para desvirtuar a presunción de inocencia do acusado e sinala que a declaración da denunciante non permite acreditar os feitos

Publicado o

Xornal de Compostela

A sexta sección da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, absolveu un home que estaba acusado dun delito de abusos sexuais a unha moza de 17 anos por uns feitos que terían ocorrido na capital galega o 13 de agosto de 2022.

A decisión recóllese nunha sentenza datada o 15 de setembro, da que informou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Na resolución, a Audiencia conclúe que non existen elementos probatorios suficientes para condenar o acusado.

En concreto, os maxistrados sinalan que “non se dispón de proba de cargo suficiente para enervar a presunción de inocencia que ampara o acusado”. O tribunal tamén analiza o testemuño da denunciante e determina que a súa declaración non resulta suficiente por si soa para considerar acreditados os feitos polos que o home foi xulgado.

ÚLTIMAS

O Concello ve probable evitar o corte da entrada de auga aos depósitos polo vertido de Tordoia

A evolución do vertido de xurros procedente de Tordoia permite ao Concello de Santiago...

Sanmartín pide convocar a comisión de seguimento polo cambio das liñas de bus que chegan aos Tilos

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou este venres que o Concello solicitou a...

Inspección de Traballo detecta incumprimentos graves nos vestiarios de Tralusa en Amio

A Inspección provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña constatou "incumprimentos graves" en...

O PicaFest levará música nova galega e gastronomía ao parque de Belvís o 2 de outubro

O parque de Belvís converterase o vindeiro venres 2 de outubro nun espazo para...

Sanmartín pide convocar a comisión de seguimento polo cambio das liñas de bus que chegan aos Tilos

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou este venres que o Concello solicitou a...

O Ano Santo 2027 arrancará o 31 de decembro coa apertura da Porta Santa ao mediodía

O vindeiro 31 de decembro darase o pistoletazo de saída oficial ao Ano Santo...

O Concello de Santiago suspende toda relación con Fly2Galicia ata aclarar os seus posibles vínculos con Israel

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, afirmou que o Concello suspendeu "toda...