InicioSANTIAGO'Contigo no Camiño' supera as 8.500 atencións a peregrinos durante este verán

‘Contigo no Camiño’ supera as 8.500 atencións a peregrinos durante este verán

O dispositivo da Xunta e Cruz Vermella ampliou ata sete os equipos móbiles en bicicleta eléctrica e contabilizou 2.320 asistencias sanitarias e 6.250 consultas informativas

Publicado o

Xornal de Compostela

O programa ‘Contigo no Camiño’, impulsado pola Xunta de Galicia e Cruz Vermella para prestar apoio aos peregrinos durante os meses de maior afluencia, pechou a súa sexta edición cun total de 8.570 asistencias sanitarias e informativas. O dispositivo estivo operativo entre o 13 de xullo e o 25 de setembro en distintos puntos do itinerario xacobeo.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este mércores no peche da campaña xunto ao comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román. Merelles destacou a evolución dun programa posto en marcha en 2021 e orientado tanto á atención de pequenas incidencias de saúde como á resolución de dúbidas dos camiñantes durante o seu percorrido.

Segundo os datos trasladados pola Xunta, nesta edición realizáronse 2.320 intervencións sanitarias, principalmente por problemas de carácter leve, mentres que outras 6.250 atencións estiveron relacionadas coa información e orientación aos peregrinos. A suma de ambos os servizos eleva a 8.570 o volume de actuacións realizadas ao longo do verán.

O aumento das atencións coincide coa ampliación dos recursos despregados no Camiño. O programa pasou dos catro equipos móbiles de anteriores edicións a sete grupos de socorristas que se desprazaron en bicicletas eléctricas, dos que catro estiveron destinados na provincia da Coruña e tres na de Lugo. Mantivéronse tamén o posto permanente de primeiros auxilios de Portomarín e o albergue da Casa Forte de Lusío, no concello de Samos, como base loxística.

Durante pouco máis de dous meses, os equipos profesionais e voluntarios de Cruz Vermella percorreron 8.910 quilómetros polos diferentes tramos cubertos polo dispositivo. Este reforzo permitiu elevar de maneira notable o volume de actuacións respecto de 2025, cando se rexistraran arredor de 2.400 atencións, fronte ás máis de 8.500 contabilizadas este ano.

Merelles sinalou ademais que, desde a primeira edición de ‘Contigo no Camiño’ en 2021, os equipos da organización humanitaria acumularon máis de 36.000 quilómetros percorridos. Nese período, segundo indicou, realizáronse “máis de 6.000 asistencias sanitarias”, ás que se suman as intervencións de información e acompañamento desenvolvidas ao longo das distintas campañas.

ÚLTIMAS

Santiago cortará a entrada de auga aos depósitos se detecta risco pola vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago mantén activado o seguimento da vertedura procedente de Tordoia, que...

A Xunta declara de interese autonómico a ordenación da contorna do CHUS

O proxecto para ordenar a contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) foi...

Santiago activa a conta atrás para o Xacobeo 2027 a cen días do inicio do Ano Santo

O Xacobeo 2027 entra na súa conta atrás en Santiago de Compostela. A falta...

Santiago cortará a entrada de auga aos depósitos se detecta risco pola vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago mantén activado o seguimento da vertedura procedente de Tordoia, que...

A Xunta declara de interese autonómico a ordenación da contorna do CHUS

O proxecto para ordenar a contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) foi...

Santiago activa a conta atrás para o Xacobeo 2027 a cen días do inicio do Ano Santo

O Xacobeo 2027 entra na súa conta atrás en Santiago de Compostela. A falta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here