InicioPOLÍTICAVerea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito...

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O popular defende reclamar á Xunta e ao Goberno cando sexa necesario, pero tamén buscar acordos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no medio do conflito arredor dos fondos estatais para vivenda en zonas tensionadas. “Raxoi ten que ser a casa das solucións, non o escenario da confrontación”, subliñou tras a reunión mantida este venres pola rexedora compostelá e a coruñesa no Pazo de Raxoi.

Segundo trasladou o PP local nunha nota de prensa, Verea reivindicou unha maneira “diferente” de entender as relacións do Concello co resto das administracións. A reunión produciuse despois do cruzamento de declaracións entre a Administración autonómica e as autoridades locais tras o anuncio de 5,3 millóns de euros do Ministerio de Vivenda para as zonas de mercado residencial tensionado. Ao fío disto, a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, indicou que non entenden que estes fondos teñan que destinarse só ás cidades que solicitaron a declaración de zona tensionada.

Neste contexto, o popular sinalou que un alcalde debe defender Santiago e reclamar á Xunta ou ao Goberno de España cando sexa necesario, ao formar parte da súa “responsabilidade”. Con todo, diferenciou esta defensa da cidade de “converter a confrontación entre administracións nunha forma de facer política”. Para Verea, Santiago precisa unha relación institucional baseada na esixencia “cando sexa precisa”, pero tamén no diálogo e na capacidade de alcanzar acordos.

Quero un concello que reclame cando teña que reclamar, pero que tamén dialogue, acorde e resolva. Que dedique as súas enerxías a buscar solucións aos problemas dos santiagueses”, remarcou. Verea insistiu así na importancia de saber falar con quen pensa diferente e defendeu que o Concello compostelán recupere o seu papel como espazo desde o que construír acordos e resolver os problemas da cidade.

ÚLTIMAS

O Concello inclúe no rexistro de inmobles a rehabilitar un edificio en ruínas da Caramoniña e deberá sacalo a poxa

O Concello de Santiago incorporou ao Rexistro municipal de soares e edificacións que cómpre...

O PSOE levará ao Pleno unha proposta para reformar as axudas ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Santiago mantén a vixilancia sobre o vertido de Tordoia malia o freo do seu avance

O vertido de purín provocado pola rotura dunha balsa nunha explotación gandeira de Tordoia...

O PSOE levará ao Pleno unha proposta para reformar as axudas ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

O PSOE pide un plan director para adaptar as instalacións deportivas de Santiago ao aumento da demanda

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno ordinario deste mes unha proposta...