InicioCULTURAXalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da...

Xalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da USC

As dúas propostas galegas participarán primeiro nun encontro sobre música e creatividade na Igrexa da Universidade e actuarán despois na Praza de Mazarelos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará unha xornada dedicada á música galega á programación das súas Xornadas de Benvida o vindeiro xoves 24 de setembro. A iniciativa, aberta tanto á comunidade universitaria como ao público xeral, contará coa participación de Xalundes e LG1DO e combinará unha conversa sobre creación musical con dous concertos no centro histórico de Santiago.

A programación comezará ás 18:30 na Igrexa da Universidade, onde integrantes das dúas propostas musicais participarán nun encontro centrado no seu proceso creativo e na súa relación coa música. A conversa estará moderada por Carme Giraldez e permitirá coñecer unha vertente máis persoal dos artistas antes das actuacións previstas para esa mesma noite.

A actividade trasladarase posteriormente á Praza de Mazarelos, onde ás 20:30 subirá ao escenario Xalundes, grupo que o pasado curso resultou gañador do III Certame de grupos musicais da USC. A actuación conta coa colaboración do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga e permitirá á formación presentar ante o público compostelán a súa proposta de rock en galego.

Xalundes está integrado por Martín López, Nicolás Martínez, Javier Ripplinger e Daniel León, entre os que se atopan estudantes da propia Universidade. O grupo combina o rock con influencias do indie e define a súa proposta como “rock de rúa sen saída”, cun repertorio ligado ás experiencias e preocupacións da súa contorna.

Unha hora despois, ás 21:30, será a quenda de LG1DO, unha das novas voces da música urbana en galego. O artista comezou a producir música de maneira autodidacta durante a pandemia e conseguiu posteriormente situar unha canción en galego no cuarto posto da lista Viral de España de Spotify.

A súa actuación en Mazarelos chegará poucos meses despois da publicación do seu primeiro álbum, ‘Sobresaliente’, que viu a luz o pasado mes de xuño, tras finalizar os exames da PAU. LG1DO, que desde este ano forma tamén parte da comunidade universitaria da USC, prepara ademais unha pequena sorpresa para o público durante o concerto.

A xornada forma parte dun programa máis amplo que a Universidade desenvolve ata o 27 de setembro para recibir especialmente o alumnado que inicia este curso os seus estudos. As Xornadas de Benvida buscan facilitar o primeiro contacto coa institución, dar a coñecer os seus servizos e achegar ao estudantado á actividade cultural, social e académica dos campus de Santiago e Lugo.

A programación musical do día 24 conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago, neste último caso a través das concellarías de Cultura e Mocidade. Todas as actividades previstas durante a xornada serán de acceso libre.

ÚLTIMAS

Usuarios de Monbus denuncian falta de prazas no autobús das 06:45 entre Santiago e A Coruña

A Plataforma de Afectados 645 denunciou os problemas de capacidade que, segundo asegura, se...

Santiago proba co rural as novas liñas alimentadoras que conectarán as parroquias coa rede de autobuses

O Concello de Santiago iniciou esta semana as viaxes de demostración das futuras liñas...

O CiMUS liderará dende Santiago unha rede europea para investigar o papel do ‘splicing’ nas enfermidades humanas

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de...

A Selección Española masculina de baloncesto xogará en Santiago ante Grecia un partido clasificatorio para o Mundial de 2027

Santiago de Compostela acollerá o próximo 29 de novembro o partido entre a Selección...

Un mural no Castiñeiriño visibiliza a realidade das persoas con dano cerebral adquirido

A rúa do Castiñeiriño conta estes días cun novo mural destinado a dar visibilidade...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here