InicioSOCIEDADEA CIG denuncia a “cronificación” da masificación nas Urxencias do CHUS, con...

A CIG denuncia a “cronificación” da masificación nas Urxencias do CHUS, con case 500 entradas diarias

O sindicato critica a “falta de medios”, un plan funcional “obsoleto” e sinala tamén a situación da Atención Primaria e as listas de espera da área sanitaria de Santiago e Barbanza

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG volveu denunciar a “cronificación” da asistencia masiva e a “falta de medios” no servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Segundo sinala o sindicato nun comunicado, o servizo mantén un plan funcional que cualifica de “obsoleto” respecto das necesidades asistenciais actuais, “deixando equipos asistenciais bloqueados nas fins de semana mentres se acumulan pacientes nos corredores”.

A central sindical advirte ademais de que o persoal se ve sometido “constantemente” a situacións de estrés como consecuencia da elevada demanda asistencial e da falta de medios e de previsión. Por este motivo, a CIG reclama unha valoración multifactorial que permita analizar as causas da masificación do servizo de Urxencias e ofrecer unha resposta a unha situación que, segundo sostén, se agravou de maneira importante nos últimos anos. O sindicato afirma que a asistencia no servizo case se duplicou nos últimos anos e que actualmente se sitúa arredor das 500 entradas diarias.

A ATENCIÓN PRIMARIA, ENTRE OS FACTORES QUE SINALA A CIG

Un dos principais factores é a situación de desmantelamento en que se atopa a atención primaria, sen o desenvolvemento do plan de recursos humanos e a implantación de axendas de traballo específicas para as diferentes categorías profesionais, que ven limitadas as súas competencias”, argumenta a CIG. Para o sindicato, a situación da Atención Primaria contribúe así á elevada presión asistencial que soporta o servizo de Urxencias do CHUS.

A central sindical apunta tamén como outro dos factores as listas de espera no ámbito da atención especializada. Neste sentido, sinala que a área sanitaria de Santiago e Barbanza é a que presenta “maior tempo medio de espera cirúrxica e de probas de radioloxía”. A CIG critica ademais que, segundo sostén, non existe un plan por parte da Xerencia para reducir estas demoras, polo que insiste na necesidade de abordar de maneira global as causas que están detrás da saturación das Urxencias.

ÚLTIMAS

Santiago proba no Restollal e o Castiñeiriño colectores de resto que só abrirán con tarxeta

O Restollal e o Castiñeiriño serán o escenario dun novo proxecto piloto para modificar...

O PSOE pide un plan director para adaptar as instalacións deportivas de Santiago ao aumento da demanda

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno ordinario deste mes unha proposta...

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre...

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...