InicioOPINIÓNCambiar para que nada cambie!

OPINIÓN

Cambiar para que nada cambie!

Publicado o

Por Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
Xosé María Dios Diz
O Doutor Xosé Mª Dios Diz é Médico especialista de AP do concello coruñés de Outes. Ten 36 anos de experiencia e é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela

Despois das últimas eleccións autonómicas, onde o PP volveu ter maioría absoluta, chegan os cambios na estrutura da Consellaría de Sanidade. A máis importante é a integración do Sergas na estructura da propia Consellaría. O Presidente Rueda, cambia ós 4 cargos máis importantes, dende o conselleiro (xa van polo 5º…) ata as Direccións Xerais, tanto de Asistencia Sanitaria (adeus ao ínclito Aboal), de Recursos Económicos e a de Recursos Humanos. Un cambio en toda regla, que se produce despois de múltiples mobilizacións de diferentes entidades relacionados co Sistema Sanitario, pero sobre todo da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.

Á fronte da Consellaría, Antonio Gómez Caamaño, médico relacionado ca actividade hospitalaria pois exerce en Oncoloxía Radiolóxica, moi vinculado co gran aparataxe e cos medicamentos oncolóxicos, caros e moi influenciado polos laboratorios que os producen.

Teremos que darlle os 100 días de rigor, pero as perspectivas non son boas. O problema fundamental da Sanidade Pública na Galiza é a Atención Primaria e a falta de recursos empregados polo PP para resolver a falta de profesionais, punto básico do mal funcionamento da mesma, con listas de agarda impresentables e con prazas MIR sen cubrir (ás de “difícil cobertura”). O PP de Galicia empéñase en solicitar un MIR Extraordinario, cando non é capaz de cubrir as prazas que se ofertan en cada convocatoria: 42 no 2022/23 (unha de cada 5 quedaron sen cubrir). Pedir que se oferten máis é unha forma de meterse co goberno central e de botarlle as culpas da súa propia inoperancia.

Cales son os porqués da non adxudicación dunhas prazas que en 3 anos serían en propiedade: evidentemente os baixos salarios, a inestabilidade no traballo e a precariedade laboral: cotas masificadas, non sustitución de compañeiros/as que fan que as consultas se fagan interminables e con moi pouco tempo por persoa, co que a calidade da atención vese resentida día a día.

O prestixio da profesión de Médico de Atención Primaria e Comunitaria tampouco é o máis bollante neste momento e así o ven os/as alumnos/as que rotan polas vilas para facer as prácticas que sempre din que a labor que se realiza é a máis importante do Sistema, pero o día a día é moi complicado, pola compexidade dos casos e a masificación das consultas. O tema de que para ser “médico de pueblo” tes que saber de todo fai atractiva a profesión, pero son os condicionantes que debería poñer o contratador, que cos recortes ano a ano fan que a precariedade sexa o que máis se ve cando fan as prácticas.

Se o Sistema en xeral está mal, a consulta do día a día en AP está peor. Sabemos que o gasto por persoa na Galiza en Sanidade é o segundo máis baixo de todo o estado español (só Madrid inviste menos) e sabemos tamén que na AP invístese o 12,3% do orzamento total da Sanidade, cando a OMS recomenda o 25%. E preguntámonos: por que non se lle fai caso? Todo o que se inviste en prevención e en atención á xente cando o problema é resoluble en AP complícase cos tempos de agarda que se fan impresentables para quen os padece.

Según o Ministerio de Sanidade, na Galiza estamos de 4º pola cola en gasto farmacéutico sobre o total do orzamento sanitario. Unha das razóns é o pouco tempo que se ten para valorar ós pacientes debido á presión asistencial. Ademáis, a Xunta incorpora como investimento en AP as partidas destinadas ó pagamento de receitas sanitarias, cando estas deberían computar como gasto farmacéutico, o que indica que en AP aínda se inviste menos do orzamentado ó incluír este gasto.

A nova equipa da Consellaría de Sanidade e do Sergas ten moitos problemas por resolver (se queren… e a súa estratexia llo permite). Levamos na AP perdéndose médicos/as ano tras ano. Según o INE, do 2022 ao 2023, perdéronse 39 facultativos/as. Terán que rematar coa política de recortes e actuar sobre o tema principal, que é a falta de profesionais que queran traballar na Galiza. Devolver á Pediatría ós concellos ós que lla quitaron. Os/as novos administradores/as o teñen na súa man… E nós que o vexamos!

ÚLTIMAS

A Romaría de Santa Minia impulsa espazos libres de violencia no seu Punto Lila

A Romaría de Santa Minia, que se celebra no concello de Brión, conta por...

A Xunta avanza co Eixo de Mobilidade Sustentable entre Sar e Milladoiro malia a oposición veciñal

O proxecto da Xunta de Galicia para a construción dun Eixo de Mobilidade Sustentable...

A Festa da Filloa de Lestedo é recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional

A Festa da Filloa de Lestedo, no concello de Boqueixón, foi oficialmente recoñecida como...

Goretti Sanmartín aposta por políticas de vivenda e conciliación para atraer poboación a Santiago

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, defendeu este sábado as políticas de...

Vivir nas parroquias de Santiago: da utopía á realidade

Os discursos baleiros ecoan no Pazo de Raxoi. As palabras bonitas saíndo da boca...

Nepotismo no PP de Galicia

NEPOTISMO: “PRÁCTICA DE QUEN ABUSA DA INFLUENCIA OU PODER QUE TEN, PARA DAR CARGOS,...

Sobre as quedadas na Sionlla

A formación política do Grupo Municipal Socialista de Compostela @gms_compostela (conta que non ten...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here