InicioPOLÍTICAVerea comprométese a retirar os radares de Conxo se chega á Alcaldía...

Verea comprométese a retirar os radares de Conxo se chega á Alcaldía en 2027

O líder do PP de Santiago vincula a medida ao aumento das sancións destes dispositivos, que cifra nun 100%, e critica o modelo de mobilidade do goberno municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reafirmou este venres o seu compromiso de retirar os radares instalados en Conxo no caso de acceder á Alcaldía tras as eleccións municipais de 2027. O portavoz popular realizou este anuncio despois de sinalar que o número de multas asociadas a estes dispositivos pasou de 10.000 a 20.000, o que suporía un incremento do 100%.

“En xuño de 2027 non haberá radares en Conxo”, asegurou Verea, que situou esta cuestión entre as medidas que pretende adoptar no caso de que o PP consiga gobernar o Concello de Santiago no próximo mandato.

O representante popular relacionou o incremento das sancións coa política que, ao seu xuízo, está a desenvolver o executivo municipal de BNG e Compostela Aberta. “Levamos meses advertindo do cambio de modelo deste goberno municipal, cada vez máis baseado na sanción e na recadación. Os datos que imos coñecendo confirman que non estabamos equivocados”, afirmou.

Verea lembrou tamén que o seu grupo xa levou ao Pleno municipal unha proposta para retirar de maneira inmediata os radares de Conxo, unha iniciativa que non contou co respaldo necesario do resto das formacións da Corporación. O PP mantén agora esa posición como compromiso de cara ao próximo mandato.

“Dixémolo antes, defendémolo no Pleno e mantémolo agora: cando sexamos goberno retiraremos os radares de Conxo”, indicou o líder dos populares composteláns.

O PP enmarca a situación destes dispositivos nun debate máis amplo sobre o modelo municipal de mobilidade e control do tráfico. Verea apuntou que o aumento das sancións se produce ao mesmo tempo que o Concello prevé incorporar novos radares e estima un incremento dos ingresos procedentes das multas.

O portavoz popular defendeu que a redución da velocidade e a protección dos peóns deben continuar formando parte das políticas de seguridade viaria, aínda que apostou por empregar outras ferramentas antes que a sanción. “Defendemos a seguridade viaria, protexer aos peóns e reducir a velocidade onde sexa necesario, pero existen medidas preventivas e disuasorias máis eficaces que limitarse a poñer radares e sancionar”, sinalou.

Neste sentido, Verea sostivo que o obxectivo das actuacións municipais debería ser diminuír progresivamente o número de infraccións. “Un bo goberno debería aspirar a que cada vez houbese menos multas, non a ingresar cada vez máis a través delas”, engadiu.

ÚLTIMAS

O Concello e a Xunta retoman as conversas técnicas para desbloquear a ampliación do Quiroga Palacios

O Concello de Santiago e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP volverán...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

Movemento Sumar levará a Consumo a conexión da operadora de Fly2Galicia con voos organizados dende Israel para sacar palestinos de Gaza

Movemento Sumar Galicia anunciou que trasladará ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

Movemento Sumar levará a Consumo a conexión da operadora de Fly2Galicia con voos organizados dende Israel para sacar palestinos de Gaza

Movemento Sumar Galicia anunciou que trasladará ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda...

O PSOE alerta de esperas de ata tres meses nos Servizos Sociais de Santiago e reclama máis persoal

O Partido Socialista de Santiago advertiu este venres da situación que, segundo sostén, atravesan...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here