InicioMOV. SOCIAISA Asociación Contra o Cancro abre as inscricións para a quinta 'En...

A Asociación Contra o Cancro abre as inscricións para a quinta ‘En Marcha Contra o Cancro’ de Santiago

A andaina solidaria celebrarase o 26 de setembro na Alameda e destinará a recadación á investigación oncolóxica e aos servizos gratuítos para pacientes e familias

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela abre este luns o prazo de inscrición para participar na quinta edición da súa andaina solidaria ‘En Marcha Contra o Cancro’, que regresará á capital galega o vindeiro sábado 26 de setembro.

A cita terá como punto de encontro o Paseo Central da Alameda, onde está previsto que a actividade comece ás 10:00. A convocatoria está aberta á participación da cidadanía e busca combinar a práctica de actividade física coa captación de fondos para os programas que desenvolve a entidade.

As persoas interesadas en participar xa poden formalizar a súa inscrición a través da páxina web do evento ou presencialmente na sede da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago.

A iniciativa pretende fomentar entre a poboación a incorporación de hábitos de vida saudables, ao tempo que contribúe ao financiamento de diferentes actuacións relacionadas coa loita contra a enfermidade. A recadación obtida coa actividade dedicarase tanto a impulsar proxectos de investigación oncolóxica como a garantir a continuidade dos servizos que a asociación ofrece de maneira gratuíta ás persoas con cancro e aos seus familiares.

A programación desta quinta edición incluirá tamén unha vertente divulgativa vinculada á investigación. Tanto nenos como adultos poderán achegarse ao espazo ‘Ciencia para todos’, concibido para aproximar á cidadanía o traballo científico relacionado co cancro.

Este punto divulgativo incorpórase á andaina con motivo do Día Mundial da Investigación Contra o Cancro, que se conmemora cada 24 de setembro, dous días antes da celebración da marcha compostelá.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

O Concello de Santiago concedeu licenza á cooperativa Porto Sur para construír 33 vivendas...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

O Concello destina máis de 727.000 euros a mellorar os centros educativos durante o verán

O Concello de Santiago está a aproveitar o período sen actividade lectiva de xullo...

Ames abre as axudas de ata 1.500 euros para familias numerosas e monoparentais

O Concello de Ames mantén aberto ata o próximo 14 de setembro o prazo...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...