InicioSANTIAGOAMESAmes licita por case 3,3 millóns a construción do mercado municipal de...

Ames licita por case 3,3 millóns a construción do mercado municipal de Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

Ames avanza na posta en marcha do seu futuro mercado municipal. A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves, 13 de agosto, o expediente para sacar a licitación as obras de construción do mercado municipal de Bertamiráns, cun investimento previsto de 3.293.003,90 euros, IVE incluído.

O procedemento será aberto e tramitarase de maneira anticipada. A intervención permitirá transformar o ámbito da Casa de Barbazán, nas proximidades da avenida da Peregrina, para habilitar unha nova praza de abastos e outros espazos destinados á comercialización de produtos locais e á celebración de actividades.

O proxecto contempla tanto a rehabilitación da actual Casa de Barbazán como a súa ampliación, co obxectivo de adaptar o conxunto ás necesidades do novo equipamento comercial. Xunto á praza de abastos, habilitarase unha zona cuberta, aberta e de configuración flexible, pensada para acoller periodicamente un mercado de produtores da contorna e produtos de proximidade.

A actuación intégrase no proxecto ‘Conecta Ames’, incluído no período de programación FEDER 2021-2027 e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2021-2027. No financiamento tamén participan a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o propio Concello de Ames.

A XUNTA E A DEPUTACIÓN ACHEGAN UN MILLÓN DE EUROS CADA UNHA

Dos case 3,3 millóns de euros nos que está orzamentado o contrato, a Xunta de Galicia achegará un millón de euros, a través da Consellería de Emprego, mentres que a Deputación da Coruña contribuirá con outro millón.

O Concello de Ames asumirá os 1.293.003,90 euros restantes. Desta cantidade, 775.802,34 euros procederán de fondos europeos vinculados ao proxecto ‘Conecta Ames’.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou a colaboración institucional como unha das claves para poder desenvolver o proxecto. “Agora é cando se comezan a ver os froitos de moito traballo previo. Cando as administracións remamos na mesma dirección e con vontade de entendernos a veciñanza sae gañando sempre”, sinalou tras a aprobación do expediente.

UN ÁMBITO DE MÁIS DE 4.000 METROS CADRADOS

O futuro mercado municipal localizarase en dúas parcelas de Bertamiráns próximas á avenida da Peregrina, que suman unha superficie total de 4.431 metros cadrados.

A primeira delas é a parcela da Casa de Barbazán, situada na esquina entre a avenida da Peregrina e a Travesía de Lodeiro. Neste espazo, que tamén conta cun hórreo, a superficie é de 1.128 metros cadrados.

A segunda corresponde ao actual aparcadoiro da Telleira, que ocupa outros 3.303 metros cadrados e que tamén será reorganizado como parte da intervención.

O deseño do futuro mercado estrutúrase en tres áreas principais. A primeira será a praza de abastos propiamente dita, que contará con 12 postos de venda destinados á actividade comercial estable.

A segunda parte do proxecto consistirá nun espazo cuberto destinado especificamente aos produtores locais e aos produtos de proximidade. A previsión municipal é que este mercado poida celebrarse cunha periodicidade aproximada de un ou dous días por semana, diferenciándose así do funcionamento habitual dos postos da praza de abastos.

Finalmente, o proxecto inclúe a reordenación do espazo exterior situado na actualidade no aparcadoiro da Telleira. Esta zona concíbese como un ámbito polivalente que poderá utilizarse tanto para a instalación de mercados ao aire libre como para a organización doutro tipo de eventos.

ÚLTIMAS

O PP acusa o Goberno central de chegar tarde á preparación do Xacobeo 2027 e reclama máis investimentos para Santiago

O Partido Popular realizou este venres un balance da colaboración do Goberno de España...

Santiago licita por 14,5 millóns o Servizo de Axuda no Fogar e eleva ata 270.000 as horas anuais

A Xunta de Goberno de Santiago deu luz verde ao inicio do procedemento para...

Trasmonte celebra tres días de festa con música, actividades infantís e Broken Peach

A parroquia de Trasmonte inicia este venres unha nova edición das súas festas, cunha...

Trasmonte celebra tres días de festa con música, actividades infantís e Broken Peach

A parroquia de Trasmonte inicia este venres unha nova edición das súas festas, cunha...

Ames pecha fontes, suspende o rego e prepara bombas ante unha situación de seca “peor que en 2017”

O Concello de Ames convocou este mércores unha reunión urxente con distintos departamentos municipais...

Ames reúne 191 nenos e nenas na primeira quincena de agosto da súa Escola de Verán

A Escola de Verán do Concello de Ames afronta desde o pasado 1 de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here