Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras rexistrarse unha colisión frontal entre o turismo no que viaxaban e un camión no municipio coruñés de Teo.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar na estrada AC-241, concretamente na parroquia de Reis, pouco antes das 15.00 horas. O accidente produciuse cando o vehículo no que viaxaban saíu da vía e terminou impactando frontalmente contra un camión.
Como consecuencia do golpe, o catro menores que viaxaban no turismo sufriron lesións de diferente gravidade, aínda que permaneceron conscientes en todo momento. Pola súa banda, tanto o condutor do coche como o do camión resultaron ilesos.

