InicioSOCIEDADEO novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

A Xunta inviste máis de 11,6 millóns de euros nun centro con 18 aulas, espazos flexibles, biblioteca, ximnasio, comedor e un foro multifuncional

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das obras de construción do novo Colexio Gerardo Fernández Albor, no Milladoiro. A previsión é que os traballos, executados polo Grupo Puentes, rematen antes de setembro de 2027 e que o centro entre en funcionamento no curso 2027/28. Neste contexto, o Consello da Xunta aprobou este luns poñerlle ao colexio o nome do primeiro presidente electo da Xunta pola súa “contribución á consolidación da Galicia autonómica”. Román Rodríguez lembrou que durante o mandato de Gerardo Fernández Albor “estruturouse a organización do ensino galego”.

MÁIS DE 11,6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO

A Xunta está a investir máis de 11,6 millóns de euros na construción deste centro educativo, que contará con espazos polivalentes e flexibles. O deseño propón volumes baixos e adaptados á paisaxe, cunha boa iluminación natural e en contacto visual cos espazos exteriores de patio e xardín, especialmente nas zonas de uso colectivo. O colexio contará tamén cun foro multifuncional concibido como un espazo aberto de aprendizaxe. Situarase na zona central da primeira planta, conectando as diferentes estancias e relacionándose co patio a través dunha gran xanela protexida da incidencia do sol.

DEZAOITO AULAS ENTRE INFANTIL E PRIMARIA

O novo centro terá unha superficie construída de 4.886 metros cadrados, distribuída en dúas plantas. Disporá de seis aulas de Educación Infantil e 12 de Educación Primaria, cos seus correspondentes aseos, así como outras catro aulas de apoio e desdobre de grupos. As instalacións completaranse cunha aula de música, unha sala polivalente e un Polo creativo.

BIBLIOTECA, XIMNASIO E COMEDOR

O proxecto inclúe ademais biblioteca, ximnasio con vestiarios, comedor e zonas de servizos comúns. Na área de administración haberá despachos, conserxaría e un local para a ANPA, entre outros espazos. A Xunta destaca que o novo colexio foi deseñado para ofrecer unha contorna educativa moderna, funcional e adaptada ás novas formas de ensino e aprendizaxe.

ÚLTIMAS

O Camiño bate récords, pero os peregrinos alertan: “Cada vez é máis difícil atopar onde durmir”

Nos tres primeiros días completos de agosto chegaron a Santiago de Compostela 6.289 peregrinos,...

O Gaiás programa catro noites gratuítas de música con seis artistas durante agosto

A Xunta de Galicia programa durante o mes de agosto catro veladas musicais gratuítas...

A modificación do plan de regulación de usos da cidade histórica recibe 152 alegacións

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, informou de que durante...

As familias solicitantes do servizo de comedor de Compostela teñen ata o 19 de agosto para preinscribirse

A voceira do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, informou de que as familias...

O Camiño bate récords, pero os peregrinos alertan: “Cada vez é máis difícil atopar onde durmir”

Nos tres primeiros días completos de agosto chegaron a Santiago de Compostela 6.289 peregrinos,...

O Gaiás programa catro noites gratuítas de música con seis artistas durante agosto

A Xunta de Galicia programa durante o mes de agosto catro veladas musicais gratuítas...

A modificación do plan de regulación de usos da cidade histórica recibe 152 alegacións

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, informou de que durante...