InicioSANTIAGOA Xunta autoriza a construción de 79 vivendas de promoción pública en...

A Xunta autoriza a construción de 79 vivendas de promoción pública en Ames

O importe de licitación do contrato superará os 14,7 millóns de euros (14.756.088,53 euros).

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación do contrato de execución das obras de construción de 79 vivendas de promoción pública (VPP), que se construirán na parcela 1 (S-15), na rúa Agriños, en Ou Milladoiro, nunha parcela cedida polo Concello de Ames.

O importe de licitación do contrato superará os 14,7 millóns de euros (14.756.088,53 euros). A parcela onde se situarán as VPP ten unha superficie aproximada de 1.725,00 metros cadrados e a edificación proxectada terá unha superficie construída total de 9.223,80 metros cadrados sobre rasante e 3.111,61 metros cadrados baixo rasante, cunha superficie total de 12.335,41 metros cadrados.

En conxunto, o edificio previsto constará dunha planta de dous sotos destinados a garaxes, trasteiros e locais de instalacións, que ocupará toda a superficie da parcela; unha planta baixa dedicada a dous soportais de uso público, tres portais de acceso, locais de instalacións, reserva para o almacén de colectores do lixo, cuartos de limpeza, e comercial; e cinco plantas altas e ático para uso como vivenda.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O helicóptero do 061 con base en Santiago permanece inoperativo dende o venres por un problema de documentación

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago leva sen operar dende o...