InicioSUCESOSUn incendio calcina unha habitación dunha vivenda no centro de Santiago

Un incendio calcina unha habitación dunha vivenda no centro de Santiago

O lume declarouse nun quinto piso da rúa Santiago de Guayaquil e non causou danos persoais, xa que non había ninguén no interior do domicilio

Publicado o

Xornal de Compostela

Un incendio orixinado nun edificio do centro de Santiago de Compostela afectou este xoves a unha vivenda do último piso, onde quedou calcinada unha das habitacións. O suceso non provocou danos persoais, xa que no momento no que se iniciou o lume non había ningunha persoa no interior do domicilio. Un particular alertou o 112 Galicia ás 07.00 horas despois de observar fume saíndo dunha das ventás do quinto piso dun inmoble situado na rúa Santiago de Guayaquil.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Santiago, que se encargaron de extinguir as lapas. Segundo a información facilitada pola central de emerxencias, os veciños do edificio abandonaron o inmoble polos seus propios medios, sen necesidade de ser evacuados polos servizos de emerxencia. O incendio concentrouse principalmente nunha das estancias da vivenda, aínda que o fume acabou afectando o resto da casa e tamén as escaleiras da quinta planta.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O helicóptero do 061 con base en Santiago permanece inoperativo dende o venres por un problema de documentación

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago leva sen operar dende o...