InicioSANTIAGOComeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para...

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

O prazo para presentación de solicitudes abrirá o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña e termina o 18 de setembro.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras do concurso para a adxudicación de 29 novas licenzas de taxi. O prazo para presentación de solicitudes abrirá o día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña e termina o 18 de setembro. Todos estes taxis deberán estar adaptados para persoas con mobilidade reducida, aínda que non sexan de uso exclusivo para elas.

O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, destaca que “esta será a primeira ampliación do número de licenzas de taxi en Santiago desde 1998”. “Este procedemento, sumado á adxudicación do contrato de autobuses, marca o inicio do novo tempo para a mobilidade en Compostela”, afirma. E é que Santiago ten actualmente 144 licenzas de taxi, “as mesmas que había en 1998 a pesar da evolución que viviu a cidade termos de poboación” e de “presión turística”.

O canon para acceder á licenza, que terá unha vixencia permanente, está fixado en 88.000 euros. O edil explica que se basea no estudo que xeraría a licenza, xa que os prezos medios de traspaso de licenzas nos últimos anos en Santiago foron de entre 140.000 e 150.000 euros. O inicio do servizo deberá iniciarse no prazo máximo dun mes desde a concesión definitiva da licenza.

OUTROS ACORDOS

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou este luns as bases e a convocatoria de axudas destinadas a apoiar a empresas de economía social de Santiago, dotadas con 140.000 euros, 25.000 euros máis que o ano pasado. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, explica que este aumento “responde á demanda dos grupos de traballo constituídos para abordar a elaboración do Plan de Acción dá Economía Social”.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

Reabre a vía convencional Santiago-Ourense tras extinguirse o lume en Boborás

A circulación ferroviaria interrompida entre O Carballiño e O Irixo, que afectou os trens...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

Reabre a vía convencional Santiago-Ourense tras extinguirse o lume en Boborás

A circulación ferroviaria interrompida entre O Carballiño e O Irixo, que afectou os trens...