InicioCULTURAA USC reconstrúe dixitalmente a 'Raíña Orante' do mestre Mateo

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

O proxecto revela novos datos sobre a escultura e a súa relación coa arte cortesá do século XII.

Publicado o

Xornal de Compostela

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (Cispac), desenvolvido en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago, permitiu reconstruír dixitalmente a figura da Virxe da Anunciación, coñecida como a ‘Raíña Orante’, unha das esculturas que formaron parte do coro pétreo do mestre Mateo. A iniciativa, presentada coincidindo co Día do Apóstolo e o Día de Galicia, enmárcase no proxecto KosmoTech_1200.

A restauración dixital, realizada por Alexandre González Rivas, partiu dun modelo fotogramétrico e da análise de fotografías históricas que documentaron as perdas sufridas pola escultura ao longo do século XX, especialmente no nariz e na coroa. A partir desta información reintegráronse virtualmente os elementos desaparecidos e elaborouse unha proposta de reconstrución da policromía orixinal, baseada nos pigmentos e motivos decorativos do Pórtico da Gloria e en manuscritos medievais como o Tombo A da Catedral de Santiago.

O proxecto incorpora tamén unha investigación histórica que identifica un destacado paralelismo entre a ‘Raíña Orante’ e a matriz de prata do selo de Constanza de Castela, raíña de Francia e filla de Afonso VII. O estudo, realizado a partir da peza conservada na Bibliothèque nationale de France, conclúe que ambas as representacións comparten un refinado tratamento das superficies, aínda que aclara que a escultura compostelá non constitúe un retrato directo da raíña.

A investigación, dirixida por Francisco Prado-Vilar, investigador distinguido da USC e do Cispac, achega ademais novas referencias para datar a escultura na década posterior á morte de Constanza, arredor de 1160, e contribúe a avanzar na cronoloxía doutras pezas do coro do mestre Mateo recuperadas nas recentes escavacións arqueolóxicas. O traballo desenvolveuse durante unha estancia na Fondation Maison des Sciences de l’Homme de París e incluíu o estudo directo do selo no Cabinet des Médailles da Bibliothèque nationale de France.

ÚLTIMAS

Usuarios de Monbus denuncian falta de prazas no autobús das 06:45 entre Santiago e A Coruña

A Plataforma de Afectados 645 denunciou os problemas de capacidade que, segundo asegura, se...

Santiago proba co rural as novas liñas alimentadoras que conectarán as parroquias coa rede de autobuses

O Concello de Santiago iniciou esta semana as viaxes de demostración das futuras liñas...

Xalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da USC

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará unha xornada dedicada á música galega á...

O CiMUS liderará dende Santiago unha rede europea para investigar o papel do ‘splicing’ nas enfermidades humanas

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de...

Xalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da USC

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará unha xornada dedicada á música galega á...

Un mural no Castiñeiriño visibiliza a realidade das persoas con dano cerebral adquirido

A rúa do Castiñeiriño conta estes días cun novo mural destinado a dar visibilidade...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...