InicioSANTIAGOVEDRAUn camioneiro falece tras saírse da vía na AP-53 ao seu paso...

Un camioneiro falece tras saírse da vía na AP-53 ao seu paso por Vedra

Un helicóptero medicalizado con base en Santiago chegou a ser mobilizado, pero os servizos sanitarios non puideron salvar a vida do condutor

Publicado o

Xornal de Compostela

Un camioneiro faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado na AP-53, ao seu paso polo municipio coruñés de Vedra, segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia.

O sinistro produciuse pouco antes das 15:00, á altura do quilómetro 14,5 da autoestrada, na parroquia de San Mamede de Ribadulla. Segundo a información trasladada ao 112, un camión impactou contra a varanda da vía e o seu condutor quedou no interior da cabina, precisando asistencia sanitaria urxente.

O primeiro aviso chegou a través do 061, que comunicou o ocorrido á central de emerxencias. Poucos minutos despois, un particular confirmou a situación e advertiu da gravidade do accidente, ao indicar que a persoa que conducía o vehículo permanecía atrapada no interior.

Ata o punto desprazáronse os servizos sanitarios, que mesmo mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como os Bombeiros de Ordes, o GES da Estrada, a Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil.

A pesar da intervención dos equipos de emerxencia e dos intentos de reanimación, incluída a práctica dunha reanimación cardiopulmonar, os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida ao condutor.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

O Seprona investiga tres persoas en Vedra por un incendio forestal causado por unha queima non controlada

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña investiga a...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...

A Xunta e o Concello de Vedra asinan un convenio para mellorar a escola infantil municipal

A Xunta de Galicia e o Concello de Vedra veñen de asinar un convenio...