InicioPOLÍTICASanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: "Non podemos...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

Achaca a baixada da rendibilidade hoteleira ao peche do aeroporto e a marcha de Ryanair.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible (RevPAR) nos primeiros meses do ano ao peche do aeroporto de Lavacolla entre abril e maio e á marcha de Ryanair da terminal compostelá. A preguntas dos medios en rolda de prensa, a rexedora da capital galega defendeu que xa tiñan en conta que estas dúas cuestións ían afectar ao número de visitantes na primeira parte do ano.

Así, defendeu o traballo do Concello e de Turismo de Santiago que, reivindicou, “continúa de maneira intensa” unha vez culminada a infraestrutura aeroportuaria. Pola contra, Goretti Sanmartín criticou á Xunta por non saber “cal vai ser a súa proposta de promoción”, así como por non haber “política de coordinación aeroportuaria”.

“Nós continuamos traballando, apoiando a diversificación de destino e de compañías. Iso creo que é algo que xa vai dar froito, impulsando rutas que son puntos neurálxicos. Temos 34 rutas, 17 delas internacionais, con tres continentes; non ten ningún sentido camiñar polo discurso que desvalorice o que fai Compostela”, remarcou.

Nesta liña, insistiu en que os datos de visitantes e de rendibilidade hoteleira “xa eran sabidos” e teñen “unha explicación concreta”, reiterando que o traballo realizado por Turismo de Santiago “está a verse”.

INSEGURIDADE

Doutra banda, preguntada sobre a decisión de comunidades de veciños do Ensanche de recorrer á vía xudicial para tratar de pechar locais e pisos que xeran algún tipo de problema, a alcaldesa dixo descoñecelo, pero asegurou que o Goberno local falará con quen o solicite.

Neste contexto, en relación co peche de establecementos nesta zona, Sanmartín defendeu que xa se procede a esta medida “naqueles que non cumpran”, tramitando “os expedientes oportunos”, pero, se cumpren os requisitos, lembrou que “non é unha cuestión potestativa”, senón que “está regulada”. “Unha administración non pode actuar de maneira arbitraria sobre abrir ou pechar locais. Si podo dicir que estamos atentas a que os locais cumpran con todo o que desde o punto de vista normativo teñen que cumprir”, sinalou.

Tamén apuntou que algunhas das problemáticas detectadas teñen que ver con altercados fóra dos establecementos, onde, subliñou, o Concello “xa tomou medidas”, con “contactos diarios” coa Delegación do Goberno para “colaborar e coordinar”. “Os reforzos anunciados creo que servirán para minguar esa sensación e percepción de inseguridade”, aseverou.

ÚLTIMAS

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Aitor Bouza fía ás primarias a candidatura do PSOE en Santiago e rebaixa a enquisa a “unha ferramenta máis”

A carreira interna por liderar o cartel electoral do PSOE na capital galega comeza...

Santiago celebra o Orgullo 2026 baixo o lema ‘Contra o odio: rede, cultura e orgullo’

O Concello de Santiago presentou este venres a campaña do Orgullo 2026, que baixo...

O Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo ao seu pleno absoluto

O Son do Camiño volve camiño do cheo absoluto. A organización do festival confirmou...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Aitor Bouza fía ás primarias a candidatura do PSOE en Santiago e rebaixa a enquisa a “unha ferramenta máis”

A carreira interna por liderar o cartel electoral do PSOE na capital galega comeza...

Santiago celebra o Orgullo 2026 baixo o lema ‘Contra o odio: rede, cultura e orgullo’

O Concello de Santiago presentou este venres a campaña do Orgullo 2026, que baixo...