InicioCULTURAA biblioteca Anxel Casal acolle unha mostra sobre as últimas décadas do...

A biblioteca Anxel Casal acolle unha mostra sobre as últimas décadas do cómic checo

O conselleiro de Cultura inaugura na biblioteca Ánxel Casal de Santiago unha mostra panorámica sobre a banda deseñada checa contemporánea.

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Cultura, José López Campos, destacou este martes a aposta que está a realizar a Xunta de Galicia por desenvolver unha programación cultural “de calidade en alianza con prestixiosas entidades culturais galegas e europeas”. Así o subliñou durante unha visita institucional, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela, á exposición ‘Aquí e agora: o cómic checo contemporáneo’, organizada en estreita colaboración cos Centros Checos, o Instituto de Literatura Checa e o Museo de Moravia.

Durante o acto de apertura, López Campos destacou o enorme prestixio do que goza este xénero en Galicia, un éxito que atribuíu de xeito directo ao “enorme talento dos creadores galegos e da aposta que están a facer por eles as editoriais e os lectores e lectoras”. Precisamente, o titular do departamento autonómico considerou un aval do bo facer de todos os profesionais do sector os numerosos recoñecementos e galardóns de primeiro nivel que están a recibir nas últimas campañas.

O conselleiro puxo como exemplos máis senlleiros desta puxanza os premios obtidos por Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024, ou a traxectoria de Alberto Vázquez, recoñecido novelista gráfico que deu o salto á animación audiovisual cultivando tamén importantes éxitos e galardóns. “Galicia xa tiña precursores excelsos aos que mirar, como Castelao, e que sementaron e serviron de referentes para darlle impulso creativo aos novos talentos”, aserou, engadindo que o sector é xa parte fundamental do prestixio exterior da marca Galicia Calidade.

A exposición internacional, comisariada por Pavel Korínek e Tomás Prokupek, permite realizar un completo percorrido polos traballos de destacados autores e autoras de referencia na República Checa, como Jaromír Svejdík, Lenka Simecková ou Lucie Lomová. A mostra, que pode visitarse de balde ata o vindeiro 30 de xuño no vestíbulo e no salón de actos da biblioteca santiaguesa, ofrece unha coidada visión panorámica sobre a evolución formal e temática do cómic checo ao longo das dúas últimas décadas.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santalices exercerá por cuarta vez como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

A Catedral de Santiago acollerá este sábado, 25 de xullo, a tradicional Ofrenda Nacional...