InicioMOV. SOCIAISA protesta do téxtil trasládase a Santiago e acampan fronte á Confederación...

A protesta do téxtil trasládase a Santiago e acampan fronte á Confederación de Empresarios

A mobilización, que permaneceu 15 días fronte á sede da patronal na Coruña, instalouse este martes na Rúa do Vilar coincidindo coa asemblea da Confederación de Empresarios de Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

A acampada de representantes de traballadoras e traballadores do sector téxtil contra o convenio estatal de Arte trasladouse este martes a Santiago de Compostela despois de permanecer durante 15 días diante da sede da patronal na Coruña. A mobilización instalouse na zona vella compostelá, ás portas da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), coincidindo coa celebración da súa asemblea.

Varias decenas de persoas concentráronse na Rúa do Vilar, onde abriron tendas de campaña e colocaron mesas, nunha protesta que se desenvolveu baixo a vixilancia dun amplo dispositivo policial. A mobilización tivo lugar nunha xornada na que estaba prevista a asistencia, no peche da reunión da CEG, do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, arredor das 13:30.

As persoas participantes na protesta berraron consignas como “ata negociar non imos parar”, “Convenios aquí e non en Madrid”, “Da Rúa do Vilar non nos moverán”, “A vosa empanada para a nosa acampada” ou “Ortega, escoita, o téxtil está en loita”. Despois dun primeiro momento de concentración de pé, parte das persoas mobilizadas optaron por sentar na rúa, onde tamén estenderon unha pancarta coa mensaxe “Non podemos perder nada. Non ao convenio de Arte”.

A protesta estivo acompañada por asubíos, sirenas e o son dun tambor, mentres as representantes do sector reclamaban a apertura dunha negociación e expresaban o seu rexeitamento ao convenio estatal. Entre as consignas máis repetidas tamén figurou “Acordo marco galego xa”, unha demanda que xa estivera presente nas mobilizacións anteriores.

A mobilización desenvolveuse nunha das rúas máis transitadas do centro histórico de Santiago, pola que durante a mañá pasaron numerosos veciños, veciñas e turistas. As persoas concentradas denunciaron estar “fartas de ser explotadas” e defenderon a continuidade da protesta ata que se abra unha negociación sobre as condicións laborais do sector.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...