InicioDEPORTESO Compos golea ao Vilalbés e avanza á final galega polo ascenso

O Compos golea ao Vilalbés e avanza á final galega polo ascenso

O conxunto compostelán impúxose por 6-1 no Vero Boquete nun encontro dominado desde o inicio e xogará a seguinte eliminatoria fronte ao Atlético Arteixo

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela conseguiu o pase á seguinte eliminatoria do play off de ascenso tras superar con claridade ao Vilalbésnun partido disputado no estadio Vero Boquete que rematou cun contundente 6-1. O equipo compostelán asinou unha actuación sólida en ataque e controlou o encontro practicamente desde o primeiro minuto ante a mellor entrada da tempada no estadio.

O partido comezou cun ritmo elevado e coa escuadra local buscando a portería rival desde os primeiros compases. Apenas transcorreran cinco minutos cando chegou o primeiro tanto. Unha combinación iniciada por Parapar permitiu a Valín servir un balón raso á área que Maceira transformou no 1-0, facendo estalar a bancada.

A vantaxe non modificou o guión do encontro. O Compostela continuou xerando perigo e ampliou distancias superado o cuarto de hora. Nunha rápida transición ofensiva, Samu conduciu a xogada e habilitou a Armental, que resolveu cun disparo colocado ao segundo pau para establecer o 2-0.

Os locais continuaron acumulando chegadas e dispuxeron de varias ocasións para ampliar a diferenza antes do descanso. Pablo Crespo tivo unha oportunidade clara e tamén houbo protestas por unha acción sobre Maceira dentro da área que o colexiado non sinalou. O terceiro acabou chegando xa no tramo final da primeira metade, nun saque de esquina lanzado por Parapar no que unha acción desafortunada da defensa visitante terminou co balón no fondo da portería para o 3-0.

Na reanudación, o Vilalbés mostrou unha maior presenza ofensiva e reduciu diferenzas aos cinco minutos cun gol de Anthony. Con todo, a reacción visitante durou pouco e o Compostela recuperou axiña o control.

Parapar converteuse nunha das figuras do encontro, liderando boa parte das accións ofensivas do equipo. O cuarto gol chegou tras unha nova xogada súa pola banda que rematou cun rexeitamento do gardameta aproveitado por Antón Guisande, que marcou a porta baleira para o 4-1.

Pouco despois chegaría o quinto. Antón Guisande volveu superar a defensa rival e serviu un balón para que Maceira asinase o seu segundo gol da tarde. Xa no tempo engadido, e despois de novas ocasións locais, Charly pechou a goleada co 6-1 definitivo tras outra acción individual de Parapar.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here