InicioPOLÍTICAO PSdeG pide paralizar as obras da senda ciclista en Conxo e...

O PSdeG pide paralizar as obras da senda ciclista en Conxo e reclama unha revisión completa do proxecto

Os socialistas levarán ao pleno municipal unha moción para instar á Xunta a deter a actuación entre o túnel da Ferbenza e Suarribas e buscar alternativas que eviten impactos patrimoniais e ambientais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago presentará no próximo pleno do Concello unha moción coa que pretende instar á Xunta de Galicia a executar unha revisión integral do proxecto da senda ciclista ao seu paso por Conxo, ademais de reclamar a paralización inmediata das obras nun tramo concreto da actuación.

O portavoz socialista Sindo Guinarte cuestionou a intervención que se está a desenvolver nesta zona ao considerar que está a provocar afeccións nun ámbito de especial relevancia patrimonial e ambiental. Segundo explicou, a iniciativa que defenderán na sesión plenaria reclama a suspensión dos traballos entre o túnel da Ferbenza e Suarribas, así como a procura dun trazado alternativo.

Os socialistas sosteñen que este proxecto, financiado con fondos europeos Next Generation, está a executarse nun espazo que conta con diferentes elementos de protección e que forma parte do ámbito vinculado á declaración de Santiago como Patrimonio Mundial da Unesco. Tamén consideran que a actuación entra en conflito con outros proxectos previstos na contorna, entre eles o Ecobosque do Sar, igualmente financiado con fondos europeos.

Na súa intervención, Guinarte lembrou que existe un informe do ICOMOS, organismo asesor da Unesco en materia patrimonial, no que se advertía sobre posibles impactos na zona. O edil socialista sinalou ademais que o proxecto xerou oposición entre parte da veciñanza e colectivos sociais, aínda que asegurou que a administración autonómica mantivo a execución prevista.

Segundo expuxo, o estado actual da actuación deixa xa consecuencias visibles sobre a contorna. Guinarte afirmou que a situación existente “é a fotografía da agresión aos valores patrimoniais de Conxo a día de hoxe”, ao referirse á presenza de árbores cortadas, muros derrubados e afeccións na ribeira do Sar.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here