InicioSANTIAGOSantiago inicia a campaña de rozas no rural con actuacións en 29...

Santiago inicia a campaña de rozas no rural con actuacións en 29 parroquias ata setembro

Os traballos comezaron en Figueiras e continúan en Villestro nun operativo que actuará sobre 500 quilómetros de vías e parcelas municipais durante os próximos meses

Publicado o

Xornal de Compostela

A campaña de verán de limpeza e roza do rural compostelán xa está en marcha e desenvolverase entre este mes de maio e mediados de setembro cun calendario de actuacións que chegará ás 29 parroquias da área rural do municipio. Os traballos, coordinados pola Concellería de Rural, arrancaron esta semana na parroquia de Figueiras e continúan desde este xoves en Villestro.

Como xa ocorrera na campaña do ano pasado, o inicio dos labores non se realizou na mesma parroquia que en edicións anteriores, senón que se acordou un sistema rotatorio resultado do diálogo mantido entre o Concello e a veciñanza a través da Federación Rural (Ferusa). No verán de 2025 os traballos comezaran en Santa Cristina de Fecha, mentres que nesta ocasión a primeira actuación correspondeu a Figueiras.

A campaña abrangue a limpeza e roza de 500 quilómetros de vías municipais, así como parcelas de titularidade pública distribuídas polo conxunto do rural compostelán. Para executar estes traballos, o Concello combina medios mecanizados con actuacións de carácter manual nas zonas máis complexas ou de difícil acceso.

Segundo explicou o goberno local, nas tarefas previstas non se empregan herbicidas, apostando por métodos alternativos para o mantemento da vexetación.

Durante o mes de maio, ademais das intervencións en Figueiras e Villestro, está previsto actuar tamén na parroquia de Laraño, uns traballos que se prolongarán durante o mes de xuño. A continuación, a campaña avanzará progresivamente polo resto das parroquias ata mediados de setembro.

O executivo municipal indicou que o calendario completo das actuacións será comunicado na próxima reunión do Consello Municipal de Rural, órgano no que participan diferentes representantes vinculados ao territorio rural compostelán.

Unha vez rematada esta primeira fase estival, o Concello prevé desenvolver unha segunda campaña durante o outono, coa intención de volver actuar sobre áreas nas que xa se realizasen intervencións no verán para garantir o mantemento das condicións de limpeza.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here