InicioSANTIAGOAMESO BNG reclama á Xunta un plan urxente para corrixir as deficiencias...

O BNG reclama á Xunta un plan urxente para corrixir as deficiencias estruturais dos centros educativos de Ames

Saleta Chao denuncia no Parlamento problemas de seguridade, humidades e falta de accesibilidade en cinco escolas do municipio e pide coordinación inmediata entre Educación e o Concello para acometer reformas estruturais

Publicado o

Xornal de Compostela

A deputada do BNG no Parlamento galego, Saleta Chao, reclamou á Consellería de Educación a posta en marcha dun plan de intervención integral e urxente para solucionar as deficiencias estruturais que, segundo denunciou, afectan a varios centros educativos de Ames e comprometen “a seguridade, salubridade e benestar” da comunidade escolar.

Durante unha intervención na Comisión de Educación, Chao situou o foco na situación da Escola de Educación Infantil do Milladoiro, o CEIP de Ventín, o CEIP da Maía, a escola unitaria da Igrexa e o CEIP de Barouta, onde sinalou a existencia de filtracións e humidades persistentes, cubertas deterioradas, problemas de accesibilidade, riscos en caso de evacuación e deficiencias en instalacións básicas como os baños, cuestións que, segundo expuxo, levan anos sen unha resposta suficiente por parte da administración autonómica.

A parlamentaria nacionalista subliñou que Ames é un dos concellos galegos con maior crecemento demográfico e cunha elevada presenza de poboación infantil e xuvenil, polo que considerou “inaprazable” que a Xunta avance tanto na creación de novas infraestruturas, como o demandado novo colexio do Milladoiro, como na conservación e mellora dos centros xa existentes.

Chao criticou tamén a falta de continuidade en actuacións xa iniciadas, citando como exemplo a substitución da cuberta no Milladoiro, e lamentou que outras reivindicacións históricas, como as do CEIP da Maía desde 2019, continúen sen solución definitiva. Neste contexto, respondeu ás críticas formuladas desde a Consellería sobre o seu labor de control parlamentario, defendendo que “vimos porque as comunidades educativas nos trasladan unha realidade. O noso traballo é controlar e preguntar que está a facer a Xunta”.

A deputada insistiu en que determinadas actuacións, como a renovación de cubertas con filtracións xeneralizadas, “non son simples tarefas de mantemento”, senón intervencións estruturais que competen directamente á Administración educativa, polo que instou á Consellería e á Vicepresidencia a elaborar un diagnóstico rigoroso e executar as reparacións necesarias sen máis demora.

Pola súa banda, a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, agradeceu a implicación de Saleta Chao por trasladar ao Parlamento a situación dos centros e puxo en valor a importancia de facer visibles estas carencias para situalas no centro da axenda política. Pampín defendeu que a comunidade educativa do municipio “merece instalacións dignas e seguras” e reclamou ás administracións competentes unha resposta efectiva ante unhas demandas que, segundo lembrou, se arrastran desde hai anos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here