InicioCULTURATanxugueiras inaugura a Ascensión con centos de persoas no Obradoiro nunha escoita...

Tanxugueiras inaugura a Ascensión con centos de persoas no Obradoiro nunha escoita colectiva de ‘O Cuarto’

O trío galego converteu a Praza do Obradoiro nun espazo simbólico e comunitario para presentar en primicia o seu novo disco, cunha proposta escénica afastada do formato convencional de concerto

Publicado o

Xornal de Compostela

A Praza do Obradoiro acolleu este martes unha das citas máis concorridas do inicio das Festas da Ascensión cunha escoita colectiva exclusiva de O Cuarto, o novo traballo discográfico de Tanxugueiras, nun evento que reuniu a centos de persoas en Santiago antes da súa publicación oficial en plataformas dixitais.

A proposta, anunciada previamente polas artistas como unha experiencia diferente e non como un concerto ao uso, sorprendeu ao público cunha posta en escena marcada polo simbolismo. Durante máis dunha hora, Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro permaneceron nun espazo escénico que recreaba un cuarto, realizando accións cotiás en silencio, como xogar ás cartas ou tender sabas, nunha representación vinculada ao universo conceptual do disco.

Actuación de Tanxugueiras no Obradoiro – Xornal de Compostela

A actuación xerou inicialmente sorpresa entre parte das persoas asistentes, especialmente entre quen agardaba unha actuación musical convencional desde primeira hora da tarde. Foi pasadas as 21:00 cando a praza mudou de rexistro coa intervención das pandeireteiras AdeLina, que introduciron unha foliada colectiva antes de que se descubrira completamente o escenario e comezase a reprodución pública do álbum.

O acto converteu Compostela na primeira cidade en escoitar O Cuarto de maneira comunitaria, nun lanzamento que coincidiu ademais coa celebración dos dez anos de traxectoria do grupo. O novo proxecto presenta unha dimensión máis introspectiva e persoal, arredor de cuestións como a saúde mental, a identidade e a relación entre tradición e industria musical, mantendo a combinación entre música de raíz galega e sonoridades contemporáneas que caracteriza o grupo.

A presenza de AdeLina, única colaboración destacada do disco, reforzou tamén ese vínculo coa tradición oral e musical galega nunha noite na que o Obradoiro funcionou como escenario de celebración, reflexión e adianto exclusivo para o público compostelán e visitante.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here