InicioSANTIAGOSantiago aproba a modificación da reurbanización de García Lorca e amplía dous...

Santiago aproba a modificación da reurbanización de García Lorca e amplía dous meses o prazo das obras en Vite

Xesús Domínguez reuniuse coa veciñanza para explicar os cambios nun proxecto que incorpora a retirada dunha tubaxe de fibrocemento e fixa o remate para abril de 2027

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago vén de aprobar en Xunta de Goberno Local a modificación do proxecto de execución da primeira fase da reurbanización da rúa García Lorca, no barrio de Vite, unha actuación que implicará un investimento adicional de 117.993,75 euros e que ampliará en dous meses o prazo previsto para a súa finalización, situando o remate das obras no 22 de abril de 2027.

O concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, trasladou esta semana esta información directamente á veciñanza nun encontro celebrado no barrio, no marco da rolda de reunións que o goberno local está a desenvolver en distintas zonas do municipio para abordar demandas cidadás e informar sobre actuacións municipais en marcha.

Segundo explicou o edil, a modificación responde á necesidade de retirar unha tubaxe de fibrocemento con formigón localizada na canalización do alumeado público, unha intervención considerada necesaria para garantir a continuidade da obra e avanzar na rehabilitación integral da vía.

A actuación forma parte da primeira fase da reurbanización de García Lorca, un proxecto destinado a renovar esta rúa de Vite e adaptar as súas infraestruturas ás necesidades actuais.

REUNIÓNS EN BARRIOS E PARROQUIAS

A xuntanza en Vite enmárcase na dinámica de encontros impulsada nas últimas semanas pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, xunto cos concelleiros de Obras e de Rural e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, en distintos puntos do concello.

Neste contexto, o executivo local mantivo tamén reunións con veciñanza de Santa Cristina de Fecha, Vidán e con representantes da Asociación Veciñal Monte de Deus, ademais dunha recente visita a Bálsoma, co obxectivo de coñecer de primeira man preocupacións e necesidades tanto dos barrios urbanos como das parroquias.

Estas xuntanzas buscan reforzar a interlocución directa coa cidadanía sobre cuestións vinculadas a infraestruturas, servizos e planificación municipal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here