InicioDEPORTESO Obradoiro culmina o ascenso á ACB cunha exhibición en Sar ante...

O Obradoiro culmina o ascenso á ACB cunha exhibición en Sar ante o Gipuzkoa (85-68)

Os composteláns certifican o regreso á elite dous anos despois nun Fontes do Sar cheo, que converteu a última xornada nunha celebración histórica

Publicado o

Xornal de Compostela

O Monbus Obradoiro xa é equipo da ACB. O conxunto santiagués selou este venres en Sar o seu regreso á máxima categoría do baloncesto estatal tras derrotar con autoridade ao Gipuzkoa Basket por 85-68 nun partido que foi de menos a máis e que terminou convertido nunha auténtica festa colectiva en Compostela.

Nun Multiusos Fontes do Sar con máis de 6.000 espectadores, sen unha butaca libre e entregado dende o primeiro “Miudiño”, o equipo de Diego Epifanio soubo superar un inicio cheo de tensión para construír unha vitoria sólida, madurada desde a defensa, o control interior e unha segunda metade na que acabou por romper o encontro.

O duelo comezou con máis acerto visitante. O Gipuzkoa puxo en problemas aos composteláns nos primeiros minutos, chegando a dominar por 6-11 tras un parcial que obrigou a Epi a deter o partido. Mais a reacción local chegou desde o banco: Sergi Quintela revolucionou o ritmo, Andersson deu consistencia atrás e o Obradoiro conseguiu pechar o primeiro cuarto por diante (26-24), cun tapón de Kravic como símbolo do cambio de tendencia.

No segundo período, o cadro santiagués empezou a atopar vantaxe no xogo interior. Kravic, Dos Anjos e Ngom fixeron dano preto do aro, mentres Brito e Barcello achegaban puntos clave para abrir unha pequena fenda. O Gipuzkoa resistiu da man de Tate e McGhie, pero o Obra marchou ao descanso con vantaxe (47-42) e coa sensación de ter encontrado o camiño.

Tras o paso polos vestiarios chegou o momento decisivo. O terceiro cuarto permitiu aos composteláns consolidar o mando grazas ao control de Westermann, á inspiración ofensiva de Barcello e á aparición determinante de Quintela, autor de accións decisivas cando o rival tentaba achegarse. O 65-56 ao final do terceiro acto deixaba o ascenso a dez minutos.

No último cuarto, Sar empurrou e o Obradoiro respondeu. Quintela asumiu galóns, Brito asinou un mate que levantou o pavillón e un triplo de Westermann para o 79-63 acabou por derrubar a resistencia vasca. A partir de aí, cada defensa, cada rebote e cada canastra convertéronse nunha conta atrás cara ao regreso á elite.

Quintela, con 20 puntos, foi un dos grandes nomes da noite, acompañado pola fortaleza de Kravic, decisivo na pintura, e pola dirección de Westermann nun partido coral no que o equipo santiagués exhibiu profundidade e carácter competitivo.

Co bocinazo final, Sar estalou. A afección compostelá celebrou un ascenso que pecha dous anos de travesía na Primeira FEB e devolve ao Obradoiro ao lugar que perseguía desde o descenso: a ACB. Compostela recupera así o baloncesto de máximo nivel e faino nunha noite de comuñón total entre equipo e bancada.

ÚLTIMAS

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

O Atardecer no Gaiás reúne 15.000 persoas e pecha a súa segunda edición con máis público

O ciclo Atardecer no Gaiás congregou 15.000 persoas na súa edición de 2026, segundo...

O PSdeG pide unha homenaxe institucional para Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo

O Grupo Municipal Socialista proporá que o Concello de Santiago organice unha homenaxe institucional...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Santiago acollerá en xullo os XVI Xogos do Eixo Atlántico con case 2.300 deportistas

A cidade de Santiago de Compostela será a sede dos XVI Xogos do Eixo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here