InicioECONOMÍAGoretti Sanmartín reclama unha estratexia galega conxunta para reforzar a conectividade aeroportuaria...

Goretti Sanmartín reclama unha estratexia galega conxunta para reforzar a conectividade aeroportuaria de Santiago

A alcaldesa insiste na necesidade de maior liderado da Xunta e do Estado para coordinar os aeroportos galegos, ampliar rutas e avanzar en conexións ferroviarias e de mercadorías para Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, aproveitou a reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia, celebrada este xoves no aeroporto de Peinador en Vigo, para reiterar a demanda do Concello compostelán dunha política estratéxica de país en materia aeroportuaria, baseada na coordinación entre as tres terminais galegas e nun maior compromiso institucional tanto da Xunta de Galicia como do Estado.

Sanmartín explicou que o encontro estivo centrado principalmente na presentación das previsións de investimentos en infraestruturas aeroportuarias para o período 2027-2031, uns documentos que, segundo indicou, aínda están en fase provisional. Porén, a rexedora subliñou que Santiago volveu poñer sobre a mesa unha reivindicación recorrente: a necesidade de superar a competencia entre aeroportos e avanzar cara a unha visión global da conectividade galega.

Neste sentido, a alcaldesa reclamou á Xunta de Galicia unha implicación máis decidida. Aínda que recoñeceu un cambio de postura por parte do Goberno galego ao mostrar disposición para contribuír economicamente á promoción de conexións aéreas, considerou que esa achega é “insuficiente” e que non responde á dimensión real das necesidades de Galicia. Para Sanmartín, o Executivo autonómico debe asumir un papel de liderado efectivo na definición das prioridades estratéxicas do sistema aeroportuario galego.

A rexedora tamén apelou ao Goberno central para avanzar nunha mellora integral das conexións vinculadas aos aeroportos, non só en relación co tráfico de pasaxeiros, senón tamén no ámbito loxístico e de mercadorías. Nesa liña, lembrou a histórica demanda compostelá da estación de mercadorías da Sionlla, unha infraestrutura que considera clave para reforzar o papel económico de Santiago.

Ademais, Sanmartín incidiu na importancia de mellorar a mobilidade terrestre asociada ao aeroporto Rosalía de Castro, incluíndo unha conexión ferroviaria directa entre Lavacolla e o centro urbano compostelán, unha proposta que, ao seu xuízo, contribuiría a fortalecer a competitividade da terminal santiaguesa.

A alcaldesa asegurou que o Concello continuará traballando na captación de rutas e na mellora das conexións do aeroporto compostelán, pero advertiu de que esta tarefa non pode seguir dependendo unicamente da administración local. “Levamos moitísimo tempo traballando en solitario”, resumiu, insistindo en que o futuro da conectividade aérea galega require coordinación institucional e planificación conxunta.

ÚLTIMAS

Santiago abre en xullo o programa ‘Mañás de verán’ con 234 prazas e aulas de xogo gratuítas en centros socioculturais

O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou este xoves a nova edición do...

CorreSan 2026 arrinca o 28 de xuño con cinco probas e mantén o seu percorrido polos barrios de Santiago

O XII Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2026, comezará o vindeiro 28...

O PSOE de Santiago ve “tardía” a reunión do Concello con Turismo de Galicia tras tres anos de mandato

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, cualificou de “moi tardía” a...

Santiago abre a convocatoria de voluntariado para os XVI Xogos do Eixo Atlántico, que reunirán a 2.300 deportistas galegos e portugueses

O Concello de Santiago, a través do seu departamento de Deportes, abriu o proceso...

O Concello reclama á Xunta avances concretos en conectividade aérea, Xacobeo e desestacionalización turística nunha primeira xuntanza de traballo

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, trasladou á Xunta a necesidade de...

Santiago aproba definitivamente o orzamento municipal de 2026 con máis de 148 millóns de euros

O Concello de Santiago aprobou este mércores de forma definitiva o Orzamento Xeral para...

O Concello de Santiago reclama á Xunta máis financiamento para o Servizo de Axuda no Fogar e resérvase accións legais

O Concello de Santiago acordou solicitar formalmente á Xunta de Galicia un incremento da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here