InicioCULTURASantiago abre en xullo o programa 'Mañás de verán' con 234 prazas...

Santiago abre en xullo o programa ‘Mañás de verán’ con 234 prazas e aulas de xogo gratuítas en centros socioculturais

O Concello reforza a oferta infantil de lecer estival coa apertura matinal de cinco aulas de xogo sen inscrición e actividades temáticas en once centros urbanos e rurais para nenos e nenas de 5 a 12 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou este xoves a nova edición do programa ‘Mañás de verán nos centros socioculturais’, unha proposta dirixida especialmente á infancia compostelá para ofrecer alternativas de lecer, convivencia e aprendizaxe durante o mes de xullo a través da rede municipal de centros.

Durante a presentación, na que tamén participou a técnica do departamento Mati Pérez, Duro destacou o papel dos centros socioculturais como espazos de referencia para moitas familias ao longo de todo o ano e especialmente durante as vacacións escolares, cando se converten en lugares de encontro para o xogo, a socialización e o acceso a actividades educativas.

A programación estrutúrase este ano en dúas modalidades diferenciadas. Por unha banda, repítense por segundo ano consecutivo as aulas de xogo matinais, que funcionarán de maneira gratuíta e sen necesidade de inscrición previa nos centros socioculturais de Santa Marta, Fontiñas, Vite, Conxo e O Castiñeiriño, en horario de 09:30 a 14:30. Esta iniciativa inclúe reforzo de persoal e unha programación adaptada ás características de cada barrio, aproveitando tanto os recursos propios dos centros como os espazos da contorna, como parques ou bibliotecas.

Segundo explicou Mati Pérez, estas aulas están concibidas como espazos flexibles que, coa chegada do bo tempo, permiten ampliar as actividades ao exterior e potenciar xogos cooperativos, tradicionais, deportivos e de movemento, favorecendo a convivencia entre rapaces e rapazas.

Por outra banda, o Concello desenvolverá tamén as chamadas ‘Cativadas de verán’, un programa con inscrición previa que se celebrará en once centros socioculturais tanto do ámbito urbano como rural, cun total de 234 prazas para menores de entre 5 e 12 anos.

No rural, as actividades chegarán á Gracia, A Lavacolla, Laraño e Nemenzo, con 20 prazas por centro, así como a Marrozos, Figueiras e Bando, con 30 prazas en cada caso. Na zona urbana, haberá oferta en Pontepedriña (25 prazas), Ensanche (19) e Romaño (20), con propostas organizadas arredor de temáticas específicas como o universo, a arte, o teatro, a danza ou o coñecemento doutras culturas.

A inscrición para este segundo programa abrirase o 11 de maio e permanecerá dispoñible ata o 20 de maio, mentres que a listaxe provisional de persoas admitidas publicarase posteriormente.

Duro fixo un chamamento ás familias compostelás para participar nestas iniciativas, que definiu como parte da aposta municipal por ofrecer un tempo de lecer “enriquecedor” para a infancia, combinando diversión, relación social e desenvolvemento persoal durante o período estival. O edil subliñou que a rede de centros socioculturais busca consolidarse tamén no verán como un recurso de apoio á conciliación e á vida comunitaria nos barrios e parroquias de Santiago.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Santiago abre o ciclo ‘Malestares’ para abordar os medos e incertezas da mocidade

A Concellería de Xuventude de Santiago e a Asociación Mulleres Andaina impulsan durante este...

Santiago coloca unha placa na casa natal de Alfredo Vicenti tras as peticións do Ateneo

O Concello de Santiago colocou este sábado unha placa conmemorativa na casa natal do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here