InicioSANTIAGOA residencia de estudantes do antigo hospital de Galeras custará sobre 900...

A residencia de estudantes do antigo hospital de Galeras custará sobre 900 euros e terá 400 habitacións

Estará operativa en setembro de 2025 e durante a época estival funcionaría como hotel

Publicado o

Xornal de Compostela

A residencia de estudantes do antigo hospital de Galeras, en Santiago, que estará operativa en setembro de 2025, custará sobre 900 euros ao mes e terá 400 habitacións individuais. Así o explicou este xoves en rolda de prensa o director de investimentos da área inmobiliaria de Bestinver, Enrique Sánchez-Rei, na que detallou que o prezo se adapta á cantidade que ofrecen outras residencias privadas da capital galega.

“É un proxecto moi continuista e que vea por preservar o estilo arquitectónico do edificio e mantéñense, evidentemente, os elementos protexidos”, asegurou Sánchez-Rei. O edifico estará distribuído en nove plantas e as habitacións terán diferentes categorías e as máis grandes contarán con cociña e unha sala de estar.

A nova residencia contará con áreas comúns, como o restaurante-cafetaría, que teñen previsto abrir á comunidade universitaria en xeral aínda que non estea aloxada no edificio, lavandaría e ximnasio, entre outros espazos.

A reforma, para a que iniciaron as obras o pasado mes de abril cando o Concello lle concedeu a licenza, custará sobre 10 millóns de euros aos que deberán sumarlle o equipamento do inmoble. Con todo, aínda que a comercialización vai ser “principalmente para estudantes”, na época estival “van permitir” que funcione como hotel.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...