InicioCULTURAO Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición...

O Museo do Pobo Galego acolle este sábado a clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’ cunha xornada especial

A despedida da mostra incluirá unha visita guiada, a presentación dun libro sobre ritos transmontanos e un encontro no claustro do museo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo do Pobo Galego celebrará este sábado, 25 de abril, unha xornada especial con motivo da clausura da exposición ‘MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II’, unha proposta centrada no universo das máscaras tradicionais e o seu valor cultural.

Cartel do acto de cluausura da exposición Masks – Museo do Pobo Galego

A programación comezará ás 12:00, cunha visita guiada pola exposición a cargo do propio coleccionista Nacho Rovira, quen ofrecerá unha aproximación ás pezas expostas e ás historias vinculadas á súa orixe e adquisición. A actividade permitirá achegarse ao contexto simbólico e etnográfico das máscaras, protagonistas da mostra.

Ás 13:00 terá lugar a presentación do libro Inverno Mágico. Ritos e Mistérios Transmontanos Volume III do investigador portugués Antonio Pinelo Tiza, unha obra que continúa o traballo de campo desenvolvido en publicacións anteriores. O volume afonda nos rituais e manifestacións culturais do territorio de Trás-os-Montes, abordando a súa continuidade e transformación na actualidade.

Durante o acto, o autor estará acompañado polo propio Nacho Rovira e pola etnógrafa, fotógrafa e documentalista sarriá Mercedes Vázquez Saavedra, nun encontro que reunirá distintas perspectivas arredor do patrimonio inmaterial do noroeste peninsular.

A xornada concluirá cun vermú no xardín do claustro do museo, concebido como un espazo de encontro aberto ao público asistente e como peche da exposición, que ao longo das últimas semanas reuniu unha selección de máscaras procedentes de diferentes tradicións culturais.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Intelixencia artificial, robótica e impresión 3D entran na programación dos centros socioculturais de Santiago

A rede municipal de centros socioculturais de Santiago de Compostela porá en marcha no...

O Festival Agustín Magán celebra 25 anos cunha edición récord de dez compañías en Santiago

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega este ano á súa 25ª edición...

O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio téxtil e memoria do exilio

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here