InicioPOLÍTICAO Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de...

O Goberno local atribúe a problemas técnicos o atraso nas bolsas de comedor

O executivo municipal recoñece a demora e asegura que está a traballar para axilizar os pagamentos ás ANPAs

Publicado o

Xornal de Compostela

O Goberno local de Santiago respondeu ás críticas formuladas polo Partido Popular sobre o atraso no pagamento das bolsas de comedor escolar, atribuíndo esta situación a problemas técnicos derivados da implantación dunha nova aplicación contable municipal.

Nun comunicado remitido aos medios, o executivo recoñeceu a demora e sinalou que “lamenta o atraso no pago das bolsas de comedor escolar e entende o malestar das ANPAs, principais prexudicadas da demora”. Así mesmo, indicou que o Concello está a traballar para axilizar os pagamentos “na medida do posible” unha vez solucionadas as incidencias detectadas.

Segundo explicou o Goberno municipal, o atraso está relacionado coa posta en marcha dun novo sistema informático de xestión contable e cos problemas rexistrados durante o proceso de migración de datos desde a aplicación anterior. Neste sentido, subliña que “o atraso no pago ten, polo tanto, motivos técnicos e non responde a cuestións políticas”, en resposta ás acusacións realizadas polo grupo popular.

O executivo tamén puxo o foco na evolución do investimento municipal neste ámbito, destacando que actualmente o Concello destina 1,1 millóns de euros ás bolsas de comedor escolar, actividades extraescolares e material, que chegan a preto de 2.000 menores. Fronte a estes datos, lembra que no curso 2013-2014, co Partido Popular no goberno local, o orzamento para bolsas de comedor era de 87.500 euros e beneficiaba a menos de 300 nenos e nenas.

A este respecto, o Goberno defende que estas cifras “avalan a aposta que se está a facer neste mandato por defender o público, pola conciliación e polos dereitos sociais” da cidadanía compostelá.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here