InicioDEPORTESSantiago acolle este sábado o 26º Duatlón Cidade de Santiago con preto...

Santiago acolle este sábado o 26º Duatlón Cidade de Santiago con preto de 600 participantes

A proba combinará deporte base, categorías populares e o Campionato Galego de Dúatlon de Estrada ao longo de toda a xornada

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou unha nova edición do Duatlón Cidade de Santiago, que celebrará a súa 26ª convocatoria este sábado 25 de abril cun programa que se desenvolverá durante toda a xornada e que reunirá arredor de 600 participantes entre escolares e adultos.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, destacou que a cidade volverá converterse na “capital do deporte” cunha disciplina que combina atletismo e ciclismo e que, segundo sinalou, promove tanto o desenvolvemento físico como o mental. A edil subliñou tamén o carácter “inclusivo e popular” da cita, que contará con probas adaptadas e abertas á participación de persoas de distintos niveis.

A programación comezará ás 09:30, cunha primeira parte centrada no deporte base, onde competirán as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete nas finais provinciais da Coruña. A entrega de trofeos destas probas terá lugar ás 12:30. Pola tarde, desde as 14:00, será a quenda das categorías xuvenil e júnior, antes de dar paso á proba popular aberta á cidadanía.

A xornada culminará coa celebración do Campionato Galego de Dúatlon de Estrada, que incluirá categorías masculina, feminina e inclusiva. A entrega final de premios está prevista para as 20:30.

Segundo explicou o representante da organización, Ignacio Varela, esta edición supón “un reto” pola coincidencia das finais escolares e do campionato autonómico, aínda que tamén unha “ilusión” para o equipo organizador. Varela destacou a diversidade de idades e perfís participantes, desde nenos de 5 ou 6 anos ata persoas maiores de 60, e sinalou que o obxectivo é consolidar a proba nos vindeiros anos.

Dende o Concello, Pilar Lueiro incidiu na aposta municipal por “fomentar hábitos de vida saudables, a convivencia e a dinamización da cidade” a través de eventos deportivos, ao tempo que agradeceu o traballo do Club Triatlón Santiagoe das entidades colaboradoras.

No apartado organizativo, a concelleira fixo un chamamento á colaboración cidadá para garantir a seguridade, especialmente no ámbito do Monte do Gozo, onde se desenvolverá parte da competición. Recoméndase acceder pola contorna do hotel de San Lázaro ou pola zona de San Marcos, evitando a rúa das Estrelas, que permanecerá cortada durante o evento.

A presentación serviu tamén para anunciar melloras en infraestruturas deportivas da cidade, como a posta en funcionamento do pavillón do CEIP Lamas de Abade e a renovación do campo de fútbol de Belvís, que incorpora un sistema de céspede sen recheo.

A organización anima á cidadanía a achegarse á proba para participar ou asistir como público nunha fin de semana na que Santiago acollerá diversas actividades deportivas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Roque González regresa ao Compostela para reforzar a defensa en Segunda Federación

A SD Compostela recupera a Roque González Delgado para a temporada 2026-2027. O futbolista...

A USC abre este martes a matrícula da súa oferta deportiva para o novo curso

A Universidade de Santiago de Compostela abrirá este martes, 1 de setembro, o prazo de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here