InicioMOV. SOCIAISA plataforma 'Compostela accesible, xa!' convoca un percorrido reivindicativo polas rúas de...

A plataforma ‘Compostela accesible, xa!’ convoca un percorrido reivindicativo polas rúas de Santiago para denunciar barreiras urbanas

A iniciativa, impulsada por Diego Adrián Mallo, partirá da rúa Entrepexigos e rematará no Obradoiro co obxectivo de visibilizar as dificultades de accesibilidade na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O vindeiro xoves 23 de abril ás 11:30 terá lugar en Santiago de Compostela un percorrido reivindicativo para denunciar as barreiras urbanas que dificultan a mobilidade de distintos colectivos na cidade. A iniciativa está promovida pola plataforma ‘Compostela accesible, xa!’, impulsada polo coordinador de UCIN Santiago, Diego Adrián Mallo.

A acción consistirá nun traxecto en cadeira de rodas entre a rúa Entrepexigos e a Praza do Obradoiro, co obxectivo de amosar de maneira directa os obstáculos cos que se atopan diariamente persoas con dificultades de mobilidade. Segundo trasladou o promotor da convocatoria, a actividade busca “visibilizar e mellorar o noso concello fronte ás dificultades que tantas persoas atopan cada día nas rúas”.

Na súa mensaxe, Mallo subliña que a iniciativa non está centrada nun caso individual, senón que pretende representar a unha ampla diversidade de situacións. “Este xoves non vai de min, vai de vós”, sinala, en referencia a colectivos como persoas con mobilidade reducida, cegueira, xordeira, autismo, discapacidade intelectual ou problemas de saúde mental, así como persoas maiores, embarazadas ou familias con carriños de bebé. Tamén inclúe no chamamento a profesionais que transportan mercadorías e que se ven afectados polas condicións do espazo público.

A plataforma destaca que a accesibilidade afecta tamén a persoas con enfermidades crónicas ou limitacións invisibles, incidindo na necesidade de deseñar unha cidade “sen barreiras, sen obstáculos e sen esquecemento”. Neste sentido, defenden que “a accesibilidade non é unha opción, é un dereito”.

O percorrido está aberto á participación da cidadanía e conta coa convite a partidos políticos e asociacións, coa intención de implicar diferentes axentes sociais na demanda de melloras. A convocatoria pretende así converterse nun espazo de encontro para trasladar de forma directa as problemáticas relacionadas coa accesibilidade no municipio.

Dende a organización animan á veciñanza a sumarse á mobilización, facendo fincapé na idea de que calquera persoa pode verse afectada por estas limitacións ao longo da súa vida, e reivindican un modelo de cidade que teña en conta esta diversidade de necesidades.

ÚLTIMAS

O Concello remite á Xunta a decisión sobre as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos

O Concello de Santiago asegurou que non ten competencias directas para actuar sobre a...

O Goberno local defende a súa política de vivenda fronte ás críticas do Partido Popular

A concelleira Míriam Louzao respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación da...

A Xunta de Goberno Local aproba novas actuacións urbanísticas e investimentos en equipamentos municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns un conxunto...

Verea acusa ao Goberno local de “inacción” en vivenda e reclama medidas urxentes en Santiago

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, centrouse esta mañá na situación...

O estudantado da USC convoca folga o 28 de abril para reclamar melloras no ensino público

O movemento estudantil da Universidade de Santiago de Compostela anunciou a convocatoria dunha folga...

O Concello reforza a atención á migración ante o aumento de solicitudes de regularización

O Concello de Santiago, a través do departamento de Dereitos e Servizos Sociais, decidiu...

Goretti Sanmartín reivindica o papel do emprego como eixo de inclusión no congreso de Cegasal

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, participou na inauguración dun congreso organizado...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here