InicioMOV. SOCIAISO Concello reforza a atención á migración ante o aumento de solicitudes...

O Concello reforza a atención á migración ante o aumento de solicitudes de regularización

Servizos Sociais amplía a capacidade da UAMI coa colaboración do Movemento pola Paz para responder á demanda cidadá

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago, a través do departamento de Dereitos e Servizos Sociais, decidiu reforzar a Unidade Municipal de Atención ás Migracións (UAMI) ante o incremento de consultas rexistrado tras o inicio do proceso de regularización de persoas inmigrantes, activado recentemente.

A medida contará coa colaboración do Movemento pola Paz, entidade incluída no rexistro estatal de organizacións colaboradoras en materia de estranxeiría, que prestará apoio no asesoramento xurídico especializado e no acompañamento das persoas que desexen iniciar este procedemento administrativo.

Na actualidade, a UAMI funciona mediante un sistema de cita previa, mais a elevada demanda fixo que as prazas dispoñibles para os próximos días estean xa completas. Para facer fronte a esta situación, o Concello habilitará un sistema complementario de atención sen cita os mércores e xoves entre as 09:00 e as 13:00, en réxime de orde de chegada. Este reforzo entrará en funcionamento o 29 de abril.

O obxectivo desta ampliación é dar resposta á totalidade da demanda existente e garantir que as persoas inmigrantes poidan acceder, de ser necesario, ao informe de vulnerabilidade, un documento relevante dentro do proceso de regularización. Desde o Concello lembran que este informe non será preciso no caso de que as persoas solicitantes poidan acreditar outras circunstancias, como ter traballado con contrato en España ou dispoñer dunha unidade familiar con menores ao cargo, persoas con discapacidade ou ascendentes directos.

Así mesmo, a administración local subliña que a solicitude destes informes non se pode realizar nin a través do rexistro municipal nin por correo electrónico, polo que debe tramitarse exclusivamente a través da propia unidade.

Por outra banda, o dispositivo de apoio completarase cunha xornada informativa aberta, que terá lugar o 24 de abril ás 10:00 no Cersia. Nesta sesión, organizada tamén en colaboración co Movemento pola Paz, ofrecerase información práctica sobre o proceso de regularización e resolveranse dúbidas das persoas interesadas.

ÚLTIMAS

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

Santiago realiza un simulacro de accidente con catro feridos e un vehículo incendiado no túnel do Hórreo

O túnel do Hórreo foi escenario este martes, 27 de outubro, dun simulacro de accidente...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here