InicioMOV. SOCIAIS"Temos que seguir denunciando que Palestina continúa ocupada, que Gaza continúa asfixiada"

“Temos que seguir denunciando que Palestina continúa ocupada, que Gaza continúa asfixiada”

Un cento de persoas concéntranse para apoiar a flotilla con destino Gaza, que partirá este domingo

Publicado o

Xornal de Compostela

Un centenar de persoas, concentráronse en Santiago para mostrar o seu apoio á nova misión humanitaria da Global Sumud Flotilla que partirá desde o porto de Barcelona este domingo, 12 de abril. Esta foi unha das mobilizacións convocadas por Global Sumud Galiza nas localidades galegas, que comezaron este pasado sábado e alargaranse até o luns. Paralelamente a Santiago, cidades como Vigo, A Coruña e Lugo sumáronse a esta mostra de solidariedade con Gaza.

Na capital galega, un grupo de nenos abriron a marcha, portando barcos de cartón con frases de apoio á poboación palestina e bandeiras. Os manifestantes partiron da Praza do Toural, rodeando a Praza de Galicia para posteriormente percorrer o Centro histórico até a Praza dás Praterías. Previamente ao comezo da marcha, a portavoz da plataforma en Galicia, Ánxela Gippini, denunciou ante os medios o alto ao lume “inexistente” na franxa de Gaza, xa que continúan os ataques no territorio.

“Temos que seguir denunciando que Palestina continúa ocupada, que Gaza continúa asfixiada, que onte denunciaron a situación de fame pola expulsión das organizacións que alí traballaban. Este foco sempre é polas compañeiras que van a flotilla, pero a flotilla é por Palestina”, proclamou. Ao chegar a Praterías, realizouse a lectura dun manifesto, no que denunciaron o “bloqueo ilegal e ilexítimo” do territorio gazatí, así como o “silenciamiento mediático” dos últimos meses, reforzado coa “agresión imperialista a Irán e ao Líbano”. Neste contexto, a nova misión da flotilla — na que participan 10 galegos — dirixirase para tratar de abrir un corredor humanitario que rompa o “status quo da ocupación” e proporcionar axuda á poboación civil.

“SISTEMA DE SAÚDE DESTRUÍDO”

A mobilización estivo secudanda por distintas plataformas, entre as que se atopa Sanidade Galega por Palestina. Santi González, pertencente á mesma, explicou que entre as cousas que levarán a Gaza están materiais sanitarios de todo tipo, xa que o “sistema de saúde palestino está destruído”. “Loxicamente, o que máis nos preocupa desta destrución do sistema sanitario palestino son as desigualdades en saúde e as barbaridades que se están cometendo contra a poboación de Palestina”, sinalou.

Por iso, a través da flotilla tratarase de dar apoio, fornecendo, entre outros aveños, medicamentos de todo tipo ou material para suturas e cirurxías. Ademais, dentro das embarcacións viaxarán sanitarios para poder ofrecer “axuda directa”.

ÚLTIMAS

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

Santiago realiza un simulacro de accidente con catro feridos e un vehículo incendiado no túnel do Hórreo

O túnel do Hórreo foi escenario este martes, 27 de outubro, dun simulacro de accidente...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...